O Concello de Sada publica a licitación da obra de Substitución das redes de saneamento, auga e pluviais na zona das Brañas.

06/02/2018

 O Concello de Sada publica a licitación da obra de Substitución das redes de saneamento, auga e pluviais na zona das Brañas.

O Concello de Sada publica a licitación, por procedemento aberto, da obra de Substitución das redes de saneamento, auga e de pluviais e reurbanización na zona das Brañas por un importe de 662.531€ financiado polo concello con fondos propios do remanente de tesouraría.

A concellaría de Obras e Servizos, que xestiona Miguel Tenreiro, preve a substitución de toda a rede de abastecemento, saneamento e pluviais nas catro rúas do barrio.

Para iso, prevese mellorar o tecido da rede de saneamento mediante a substitución de dous tramos de canalización na Rúa Abegondo e un tramo na Rúa Culleredo, eliminando o sistema unitario desta última por un novo separativo. Desta forma  completase o mallado das rúas e substitúense aqueles tramos que pola súa antigüidade poden dar problemas nun futuro próximo. Así mesmo se prevé a substitución e inclusión dun total de dúas válvulas de corte xeral en distintos tramos co obxecto de poder sectorizar en caso de avarías ou derivacións, substituindose todas as acometidas aos edificios das duas rúas.

A zona que se somete a Proxecto de Execución é unha parte do núcleo urbano de carácter residencial, formado por edificios de vivendas unifamiliares e plurifamiliares nos que os baixos destes últimos tamén son vivendas. Estas construccións datan na súa mayoría dos anos 60.

Ao mesmo tempo tamén contemplase a demolición da totalidade do pavimento actual e a retirada do 100% deste, o que suporá una mellora da accesibilidade mediante amplias beirarrúas que favorecerán o tráfico peonil.

 

Arquivado en:
Concello. Administración local, obras e servizos.

AXENDA