Educación destina 127.000EUR a inversións nos colexios e no Centro de Saúde e aumenta as subvenciones as familias
26/01/2016
A concellería que dirixe a socialista Raquel Bolaño inclúe no orzamento a cuberta do patio do colexio Sada e Contornos, a continuación da pasarela do CEIP de Mondego e unha pasarela de abrigo e acceso para peatóns e ambulancias no Centro de Saúde.
Sada oferta alemán para adultos, ESO e bacharelato. Curso
23/11/2015
A concellaría de Educación, que xestiona a socialista Raquel Bolaño, oferta dentro do programa Sada Educa un curso de Alemán que se impartirá na OMIX.
@salto@ Sada 23 de outubro
Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016
06/09/2015
Sada Educa é un programa promovido pola Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, do Concello de Sada, que conxuga actividades extraescolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo, a maior parte delas nos centros educativos do municipio e no local de actividades da Oficina da Xuventude. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte no caso das extraescolares, na creación dunha oferta socieducativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral. Os obxectivos que se derivan do paquete de actividades para adultos, parten dunha demanda formativa para fomentar o plurilingüismo e o aprendizaxe de novos idiomas.
Listaxe de actividades escolas de vela do mes de abril
15/03/2015
- Escolas Deportivas Municipais: cursos de iniciación e bautismos de mar. Venres tardes, sábados e domingos mañás.
- Clases de iniciación I e II: embarcacións escola, windsurf e kaiak. Sábados e domingos mañás
Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016
00/00/0000
Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente, convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 26 de setembro, ás 18:00 horas na Capela de San Roque, para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto de devandito evento e ao mesmo tempo presentar as actividades previstas cara ó vindeiro ano.