Xuventude...

AXENDA

Xuventude


Curso de monitor de fútbol base en Sada

Curso de monitor de fútbol base en Sada

04/03/2016

O alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de deportes, Zeltia García, presentaron xunto ao presidente do Raio Sadense, Jesús Lestón, e ao representante da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, o curso de monitor de fútbol basee que se realizará en Sada do 15 de marzo ao 23 de maio. 

As avoas protagonistas en Sada no Día da Muller

As avoas protagonistas en Sada no Día da Muller

04/03/2016

- Unha exposición realizada pola concellería de Educación, en colaboración cos centros de ensino do municipio, rende homenaxe ás avoas.

- Cultura programa para o venres unha obra de teatro e ademais unha campaña de denuncia social que terá as rúas de Sada como escenario.

II Concurso Trasmallo Fotográfico de Sada - Trasmallo de Primavera

II Concurso Trasmallo Fotográfico de Sada - Trasmallo de Primavera

03/03/2016

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente convoca o concurso “II Trasmallo Fotográfico de Sada” - Trasmallo de Primavera.

- Bases II Trasmallo Fotográfico de Sada

Entrega de diplomas do obradoiro de emprego Cambre-Sada de Atención Sociosanitaria

Entrega de diplomas do obradoiro de emprego Cambre-Sada de Atención Sociosanitaria

01/03/2016

Os concellos de Sada e Cambre uníronse por primeira vez nun obradoiro que favoreceu o desenvolvemento económico e social do seu territorio.

No acto de clausura entregaron os diplomas aos asistentes  José Alfonso Marnotes González, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Óscar García Patiño, alcalde de Cambre, e Benito Portela Fernández, alcalde de Sada.

O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club

O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres

29/02/2016

Este fin de semana celebrouse en Sada a primeira parte dun intercambio deportivo/cultural entre o CAS (Club Atletismo Sada) e o HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres

O pasado mes de maio de 2015, un grupo de directivos e adestradores do CAS realizaron unha visita a Londres, onde lanzaron aos representantes do HWAC londiniense o proxecto de intercambio.

A Mostra de Teatro Afeccionado de Sada cumpre 12 anos.

A Mostra de Teatro Afeccionado de Sada cumpre 12 anos.

24/02/2016

-Cultura establece un premio de 400€ para as compañías seleccionadas na fase da Mostra, un premio de 400€ ó mellor espectáculo para o xurado e un premio de 300€ ó mellor espectáculo para o público. A estatuiña dos “Premios Lugrís Freire” recoñecerán á mellor actriz e o mellor actor

Sada despediu o Entroido con desfile, festa e enterro da sardiña

Sada despediu o Entroido con desfile, festa e enterro da sardiña

21/02/2016

O pasado sábado celebrouse o desfile de Entroido (que tivo que suspenderse o 13 de febreiro) e deuse fin ás festas coas actuacións na carpa situada detrás da Terraza e co enterro da sardiña.

Educación oferta “Alemán para viaxeiros”

Educación oferta “Alemán para viaxeiros”

18/02/2016

-A concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, anuncia o prazo de inscrición para participar nun curso de "Alemán para viaxeiros" a partir do mércores 2 de marzo.