Xuventude...

AXENDA

Xuventude


XXV Festa da Cervexa

XXV Festa da Cervexa

02/07/2017

21-22-23 de xullo - Área recreativa do Curruncho

XXV Festa da Cervexa

Anuncio licitación dos servizos de bar e mantemento da piscina das Cerámicas do Castro.

Anuncio licitación dos servizos de bar e mantemento da piscina das Cerámicas do Castro.

30/06/2017

O contrato ten por obxecto os servizos de explotación dun bar nas instalacións da piscina “Pía do Loureiro”, sita nas Cerámicas do Castro para venda de xeados, lamberetadas, refrescos e bocadillos, así como o mantemento de dita piscina, con suxeición ás prescricións técnicas aprobadas. As necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato son as de ofrecer servizos aos usuarios da piscina, en exercicio da competencia municipal de promoción do deporte e da ocupación do tempo libre.

VI Feira Modernista de Sada

VI Feira Modernista de Sada

30/06/2017

A pegada deixada polo movemento artístico do Modernismo na nosa cidade, especialmente a través do edificio A Terraza , marcan o camiño da festa de maior personalidade do noso calendario. Mercado, música de cámara, jazz, música vocal, pasacalles, danza, participación popular... e toda a arte que as nosas xentes levan dentro.

Queiroa na rúa 2017

Queiroa na rúa 2017

30/06/2017

Este sábado "Queiroa na rúa" polas rúas de Sada. Cunha mostra do seu folclore. 

Visitarán as rúas máis céntricas para o deleite de veciñas, veciños e visitantes. Comeza ás 12, en lugar da hora marcada no cartaz.

Sada contará cunha plataforma flotante na Praia das Delicias

Sada contará cunha plataforma flotante na Praia das Delicias

29/06/2017

Desde a concelleria de Cultura instalouse ademais un novo posto de socorrismo e pasarelas adaptadas a persoas con mobilidade reducida e a próxima semana instalaranse catro casetas cambiadores con estética modernista.

Festas de Sada 2017

Festas de Sada 2017

29/06/2017

A concellería de Cultura e Praias organiza as Festas de Verán 2017. 

A concelleira socialista María Pardo presentou unha programación coa que se busca atraer público ao municipio e recuperar o seu pasado como referente festivo. 

Convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Administrativo correspondente á OEP2016

Convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Administrativo correspondente á OEP2016

28/06/2017

Convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa, denominación Administrativo, pertencente ao Grupo C, subgrupo C1, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016.

Sada participa na campaña Construíndo Diversidade

Sada participa na campaña Construíndo Diversidade

28/06/2017

-Sada, a través da concellería de Benestar que xestiona Isabel Reimundez, participa xunto con outros 30 concellos da provincia na campaña Construíndo Diversidade, impulsada pola Deputación da Coruña como iniciativa de sensibilización na conmemoración da data reivindicativa dos dereitos da comunidade LGTBQI.