Veciños...

Veciños


AVISO DO CAMBIO DE HORARIO DA OFICINA DO CATASTRO DE SADA

AVISO DO CAMBIO DE HORARIO DA OFICINA DO CATASTRO DE SADA

10/05/2018

A partir do 25 de maio, a Oficina do Catastro de Sada, instalada na Casa do Concello na avenida do Porto (antiga Axudantía) abrirá os VENRES de 9:00 a 14:00 horas en lugar dos xoves como viña realizando ata o momento.

 Sada adapta as instalacións de Servizos Sociais "ás novas necesidades" dos usuarios

Sada adapta as instalacións de Servizos Sociais "ás novas necesidades" dos usuarios

09/05/2018

A responsable de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, visitou as instalacións de Servizos Sociais de Sada acompañada pola edil Isabel Reimúndez.

A obra da cuberta do Sada e Contornos inclúe novo peche e melloras na entrada

A obra da cuberta do Sada e Contornos inclúe novo peche e melloras na entrada

09/05/2018

O Concello agarda pola autorización de Patrimonio para sacar a concurso os traballos - Dá un prazo de tres meses para instalar a cuberta e substituír o muro

Sada 9 maio 2018

LETRAS GALEGAS 2018

LETRAS GALEGAS 2018

08/05/2018

A concellería de Cultura e Praias con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio,  organiza actividades e programa actos que terán lugar ao longo do mes.

ANDAINA SOLIDARIA NOCTURNA DE SADA

ANDAINA SOLIDARIA NOCTURNA DE SADA

07/05/2018

Andaina Solidaria organizada por Cruz Vermella Sada e a Concellería de Deportes na que participaron máis de 400 veciños e veciñas e que percorreu o Paseo Marítimo, Sadadarriba, Riobao, Souto, Pazos, Fontán e de novo o Paseo para rematar cunha chocolatada no Porto deportivo onde tamén se realizou un sorteo de agasallos. Colaboraron nesta iniciativa saudable o Club Atletismo Sada e o Club SASA Salvamento.

Sada aproba os orzamentos máis sociais da súa historia.

Sada aproba os orzamentos máis sociais da súa historia.

27/04/2018

-Os orzamentos 2018 se elevan a 12.755.418€, un 5% máis que no 2017 e contaron co voto favorable da mayoría da corporación no pleno celebrado onte.

- A débeda pública do Concello de Sada segue a ser cero, ao igual que no exercicio anterior.

Un informe recomenda talar unha árbore do Paseo Marítimo ante o alto índice de perigo

Un informe recomenda talar unha árbore do Paseo Marítimo ante o alto índice de perigo

26/04/2018

Unha das árbores máis emblemáticas do Paseo Marítimo foi talada está mañá ao informar os técnicos da empresa concesionaria do mantemento de xardíns que presentaba "un alto índice de perigo".