Veigue

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia.

O PXOM DE SADA SERÁ SUBSANADO DE INMEDIATO TRAS A DENEGACIÓN DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA POLA XUNTA

01/02/2017

-O goberno local xa deu as ordes oportunas á equipa redactora para que o Pleno poida aprobar de novo o PXOM e remitilo de novo á Xunta para aprobación definitiva.

LER MÁIS

Sada convoca á veciñanza a unha presentación para dar a coñecer o proceso de creación dos Consellos Sectoriais.

30/01/2017

 -Un dos obxetivos finais do proceso de participación cidadá posto en marcha coa creación dos Consello Sectoriais é a participación das asociacións e da veciñanza nos orzamentos en próximos anos.

LER MÁIS

O goberno local licita cinco actuacións de contratos menores para realizar obras nas parroquias de Osedo, Meirás, Veigue e Carnoedo.

18/10/2016

-As obras de contratos menores adóitanse adxudicar solicitando orzamentos a varias empresas e otorgando a actuación ás ofertas máis vantaxosas. Desde o goberno local que preside Benito Portela cambiouse esta maneira de licitación por unha máis aberta ás empresas, dándolle unha maior publicidade, o que supón unha maior transparencia nas contratacións públicas.

LER MÁIS

Anuncio Licitación Pavimentación camino de Soutilo-Veigue e outros

14/10/2016

Pavimentación camiños con regos asfalticos no camino de Soutilo-Veigue e outros

LER MÁIS

AXENDA