Sada

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 



Comerciantes de Sada e Concello, xuntos na organización da Feira de Comercio

02/07/2016

-A Concellalía anima ás tendas de Sada a informarse sobre todos os aspectos relativos a esta celebración ”que leva moi bo ritmo pois xa están inscritos máis dunha veintena de negocios” afirma Becerra.

LER MÁIS

Cultura amplia o horario da Biblioteca grazas ao proxecto “Aulas de Verán 2016”

01/07/2016

-A Biblioteca Municipal abrirá en horario de 16:00 a 22:00 horas polas tardes no mes de xullo.

LER MÁIS

Fontán contará cunha senda peonil e unha senda bici

27/06/2016

- As obras a realizar neste proxecto, que estará terminado  no mes de xullo para proceder á súa inmediata licitación, contemplan unha franxa vexetal de aproximadamente medio metro de ancho entre unha e outra senda e a colocación de tubaxe na beiravía para a canalización das augas pluviais, que permita a circulación dos peóns e ao mesmo tempo garanta a drenaxe adecuada da estrada.

LER MÁIS

Urbanismo recorda a obrigatoriedade de manter en boas condicións de salubridade e seguridade os solares e terreos no casco urbano.

20/06/2016

- Este recordatorio establécese ante o abandono de certos peches e solares, moitos deles sobresaíndo á vía pública, e que poden causar accidentes os viandantes e veciños e doutra banda poden ser foco de aparición de roedores se non se manteñen e conservan en boas condicións de salubridade.

LER MÁIS

A intervención do alcalde cos veciños consegue a dotación de 300 novas prazas de aparcadoiro gratuito para Sada.

20/06/2016

-O alcalde asinou nos últimos días varios convenios cos propietarios de parcelas no centro urbano polos que o Concello consegue 8.500 metros cadrados de espazo libre no centro de Sada que acondicionará como aparcadoiro nos próximos días.

LER MÁIS

AXENDA