Sada

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 



Emprego organiza un curso gratuito de preparación de competencias clave

13/03/2017

Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados é candidata a preparar as competencias clave que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. 

LER MÁIS

O goberno municipal comeza as obras do campo de fútbol As Mariñas-Andrés Pena

09/03/2017

- Ademais de instalar servizos básicos, como saneamento nas proximidades, pavimentarase practicamente o 100% da rúa de acceso ao campo e do interior do recinto para o uso de xogadores e espectadores, é dicir o perímetro en torno ao propio terreo de xogo que históricamente demandaron usuarios e pais dos xogadores de categorías inferiores do Rayo Sadense e do Sporting Sada.

LER MÁIS

Sada participa activamente na creación dos Consellos Sectoriais.

08/03/2017

-Arredor de 60 persoas, tanto en representación de asociacións sadenses como a título persoal, tomaron parte na sesión celebrada o pasado  3 de marzo.

LER MÁIS

AXENDA