Osedo

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 

Emprego organiza un curso gratuito de preparación de competencias clave

13/03/2017

Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados é candidata a preparar as competencias clave que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. 

LER MÁIS

O goberno local recupera o Centro de Formación Ocupacional de Osedo

10/03/2017

- O goberno local de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, proxecta o acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional de Osedo para que volva usarse e faino coa proposta de recuperar as súas dimensións orixinais, xa que o edificio sufriu algunhas ampliacións cuestionables.

LER MÁIS

Sada participa activamente na creación dos Consellos Sectoriais.

08/03/2017

-Arredor de 60 persoas, tanto en representación de asociacións sadenses como a título persoal, tomaron parte na sesión celebrada o pasado  3 de marzo.

LER MÁIS

Sada lembra a Rosalía no 180 aniversario do seu nacemento

27/02/2017

Dentro dos actos do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o concello de Sada celebrou unha lectura pública da obra da poetisa galega o pasado venres 24 de febreiro na Capela de San Roque. Os asistentes recitaron extractos dos libros Rosalía de Castro que eles mesmos traían ou dos que o Concello puña a disposición na Capela de San Roque, Cantares Gallegos e Follas Novas.

LER MÁIS

O pleno aproba solicitar á Xunta de Galicia a revisión da avaliación e previsión dos riscos de inundacións no municipio

27/02/2017

- Outra das propostas do goberno local aprobadas no pleno do pasado xoves foi a relativa á solicitude á administración competentes das realizacións dás obras hidraúlicas necesarias para a prevención e protección fronte a inundacións no municipio de Sada.

LER MÁIS

AXENDA