Mondego...

AXENDA

Mondego

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 



Sada recupera o San Xoan por barrios con lumeiradas na praia

Sada recupera o San Xoan por barrios con lumeiradas na praia

16/06/2016

Cóntanos de que barrio es e dicímosche en que parte da praia das Delicias teredes a vosa lumeirada. 

"Antes facíase unha ruta para ver as diferentes fogueiras dos barrios», di o edil de Cultura de Sada, Marcos Villar, para explicar por que este ano se marcaron como obxectivo para este San Xoan recuperar esa tradición, aínda que se centralizará todo na praia das Delicias. Alí distribuirase a madeira que cada barrio pode utilizar para crear a súa propia lumeirada e agrupar ao redor dela aos seus veciños.

Escolas de verán 2016

Escolas de verán 2016

27/05/2016

Actualizado a 27 de mayo 2016

- As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo en dous centros de ensino do municipio atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 27 de xuño ao 5 de agosto.

Seis asociacións de veciños de Sada programan unha excursión á Festa do Viño tinto do Salnés

Seis asociacións de veciños de Sada programan unha excursión á Festa do Viño tinto do Salnés

20/05/2016

As asociacións de veciños de Meirás, Veigue, Carnoedo, O Castro, Mondego e Mosteirón (O Plátano) organizan unha excursión o vindeiro sábado 4 de xuño á Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia.

Aprobada a modificación do proxecto de saneamento entre Carnoedo e Mondego.

Aprobada a modificación do proxecto de saneamento entre Carnoedo e Mondego.

28/04/2016

- A modificación non é substancial posto que as partidas que se inclúen son propias deste tipo de obras de instalación de servizos e a obra reformada tampouco cambia a finalidade por ser idéntica á orixinal e ser o seu obxectivo a dotación do servizo de saneamento.

Sada aproba o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal da súa historia

Sada aproba o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal da súa historia

18/03/2016

-  O documento presentado polo goberno municipal logra a maioría absoluta do Pleno da Corporación inda que cos votos en contra do Partido Popular..

-O documento será remitido agora á consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.