Servizos de Acceso...

AXENDA

Servizos de Acceso con Certificado Dixital

O contribuínte pode acceder á oficina virtual tributaria utilizando calquera dos seguintes certificados dixitais:

  • DNI electrónico: Deberá dispor de DNI electrónico e coñecer a clave para utilizar os certificados do mesmo.
  • Certificación dixital da FNMT: Deberá ser titular da certificación dixital en vigor da Fabrica Nacional de Moneda y Timbre.

Unha vez identificado o contribuínte de forma segura, por calquera dos medios que se indican, permíteselles acceder en tempo real a consultar ou realizar as seguintes operacións:

  • A súa información ou conta tributaria sin esixir unha segunda acreditación. 
  • Os seus valores en voluntaria, executiva ou os que estén incluidos nun expediente de prema. 
  • Os seus expedientes de xestión.
  • Os seus bens que constituen obxectos tributarios (Inmobles, Vehículos...etc.).
  • Localización na cartografía oficial do Catastro.
  • Domiciliación dos seus recibos.
  • Alta de autoliquidación de Vehículos.
  • Pago dos seus recibos.
  • Modificación ou ampliación de alguns dos seus datos persoais (enderezo, data de nacimento, teléfonos fixo e móbil, fax, correo electrónico..etc.).
  • Consulta de recibos anulados.
  • Xustificante de recibos pagados.
  • Impresión de documentos cobratorios.