As Brañas de...

AXENDA

As Brañas de Sada

No noso concello existe un humidal catalogado no Inventario de humidais de Galicia, chamado Brañas de Sada, constituíndo un Espazo Natural relevante dentro as "Mariñas Ártabras". Os humidais posúen un gran valor na conservación de especies e variedades animais e vexetais, e por tanto representa un activo fundamental para o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade dada a súa importancia e singularidade. A conservación e recuperación das Brañas de Sada, evitando a súa deterioración ambiental, contribuirá a un notable aumento de recursos económicos e de benestar social a través da oferta dun lugar para o descanso, a educación ambiental e, en definitiva, para garantir a permanencia dun espazo natural protexido para as xeracións futuras.para iso requírense medidas activas que garantan a súa conservación e recuperación, así como para a súa valoración como factor sustentable no desenvolvemento económico e social de Sada.