Urbanismo e emprego

 D. Francisco Xosé Montouto Pérez

 Urbanismo e emprego

 Teléfono : 981620075

 Contacto : francisco.montouto@sada.gal


 Dende a Concellaría de Urbanismo e Emprego apostamos: 

En primeiro lugar por poñer en valor un Urbanismo ao servizo do interese social, que sexa participativo, transparente e igualitario, que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garante o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial para garantir unha economía produtiva.

En segundo lugar apostamos por potenciar a área de emprego dotandoa de mellores recursos e apostamos por mellorar as políticas activas de emprego asi como os servizos de desenvolvemento local e de asesoramento a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de desemprego.

Emalcsa presenta resultados preliminares das inundacións de marzo

21/10/2016

O Concello de Sada e Emalcsa mantiveron onte a primeira reunión no marco do acordo de colaboración firmado hai unhas semanas, segundo o cal a empresa coruñesa asesorará ao consistorio sadense en materia de xestión da auga urbana.

LER MÁIS

A reforma do parque público infantil de Souto dá Igrexa en Meirás converterá a zona nunha área de lecer para nenos e maiores.

08/10/2016

- As obras que se están levando a cabo estes días supoñen unha reordenación dos elementos para ademais da modernización e arranxo do parque público infantil facer unha zona de recreo veciñal con bancos, merenderos e zonas verdes para que sexa utilizada por todos os veciños da parroquia.

LER MÁIS

Sada organiza un curso de redeiras co que pretende recuperar un oficio tradicional e poder ofrecer un futuro traballo as veciñas de Sada

04/10/2016

-A Concellaría de Urbanismo e Emprego, xestionada por Francisco Montouto, levará a cabo xunto á Confraría de Pescadores de Sada o curso de redeiras para potenciar o porto pesqueiro e fomentar o emprego nun sector que tradicionalmente é desempeñado de forma tradicional e manual e está altamente cualificado

LER MÁIS

AXENDA