Urbanismo e emprego...

AXENDA

Urbanismo e emprego

 D. Francisco Xosé Montouto Pérez

 Urbanismo e emprego

 Teléfono : 981620075

 Contacto : francisco.montouto@sada.gal


 Dende a Concellaría de Urbanismo e Emprego apostamos: 

En primeiro lugar por poñer en valor un Urbanismo ao servizo do interese social, que sexa participativo, transparente e igualitario, que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garante o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial para garantir unha economía produtiva.

En segundo lugar apostamos por potenciar a área de emprego dotandoa de mellores recursos e apostamos por mellorar as políticas activas de emprego asi como os servizos de desenvolvemento local e de asesoramento a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de desemprego.


Sada publica as bases reguladoras do programa de vivendas baleiras

Sada publica as bases reguladoras do programa de vivendas baleiras

18/04/2017

- O goberno de Sada asinou o pasado ano este programa enfocado na axuda a persoas e familias en risco de exclusión social.

-Terán prioridade no acceso ao programa de vivendas baleiras as unidades familiares nas que foran privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como inundacións.

O PXOM DE SADA PREVÉ UNHA RESERVA DE SOLO DEDICADO A VIVENDA PROTEXIDA DO 30%

O PXOM DE SADA PREVÉ UNHA RESERVA DE SOLO DEDICADO A VIVENDA PROTEXIDA DO 30%

12/04/2017

A aprobación definitiva do PXOM establecerá a necesidade de reservar o 30% da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo destinado a actuacións de urbanización.

Emprego organiza duas accións formativas gratuitas relacionadas coa manipulación de alimentos

Emprego organiza duas accións formativas gratuitas relacionadas coa manipulación de alimentos

10/04/2017

O Concello de Sada organiza dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), dúas accións formativas. Por un lado o Curso de Manipulación de Alimentos, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís e coa hostalaría e a alimentación en xeral.

A estratexia económica do PXOM prevee un investimento de case 12 millóns de euros en Sada

A estratexia económica do PXOM prevee un investimento de case 12 millóns de euros en Sada

10/04/2017

-Durante o primeiro cuadrienio de vixencia do Plan preténdese acometer as actuacións máis importantes e necesarias para completar a estrutura básica fundamental do territorio de Sada, como a ampliación do CEIP Sada e seus Contornos, a expropiación de terreos para crear Espazos Libres nas Brañas que correría a cargo exclusivamente do Concello, as melloras das estradas do Concello ou a mellora das infraestruturas de saneamento e abastecemento de auga. O investimento previsto neste primeiro cuadrienio é de 4.205.240 euros.

A aprobación definitiva do PXOM permitirá desenvolver áreas industriais e terciarias no concello de Sada

A aprobación definitiva do PXOM permitirá desenvolver áreas industriais e terciarias no concello de Sada

09/04/2017

-A aprobación do PXOM ademais de dotar de seguridade xurídica todas aquelas inversións que se queiran levar a cabo no Concello de Sada permitirá iniciar estratexias de desenvolvemento en relación ás areas industriais e terciarias do Concello.

O concello de Sada non terá que abonar os 6 millóns de euros que reclamaba a promotora Anfora Azul pola anulación dunha licencia de obra en Meirás

O concello de Sada non terá que abonar os 6 millóns de euros que reclamaba a promotora Anfora Azul pola anulación dunha licencia de obra en Meirás

07/04/2017

-O TSXG desestima o recurso da promotora e confirma a inexistencia de responsabilidade patrimonial municipal.

@salto@

O alcalde de Sada anuncia movilizacións se a Xunta e o Goberno do Estado non atenden as demandas da cidadanía

O alcalde de Sada anuncia movilizacións se a Xunta e o Goberno do Estado non atenden as demandas da cidadanía

05/04/2017

"A exclusión da obra da praia nos Orzamentos do Estado para o 2017 ven a sumarse á negativa da Xunta a conveniar a execución das obras que dean solución ao risco de inundacións. Sada está a ser marxinada pola Xunta como polo goberno do Estado", declarou o alcalde, Benito Portela. 

O goberno municipal levará o PXOM a pleno este mes para a súa aprobación logo das modificacións ordeadas pola Xunta

O goberno municipal levará o PXOM a pleno este mes para a súa aprobación logo das modificacións ordeadas pola Xunta

04/04/2017

O equipo redactor xa acometeu as indicacións, correccións e emendas que propoñía a orde de non aprobación definitiva ditada pola Xunta de Galicia.

Coa aprobación definitiva do PXOM, poderase por exemplo, cubrir os parques infantís públicos do Concello que estean dentro dos sistemas de espazos libres. Daríase resposta deste xeito a unha demanda histórica de todos e todas os usuarios e usuarias destes servizos, xa que até o de agora a normativa da Ordenanza Urbanística Provisional non permitía a sua execución.