Urbanismo e emprego...

AXENDA

Urbanismo e emprego

 D. Francisco Xosé Montouto Pérez

 Urbanismo e emprego

 Teléfono : 981902179

 Contacto : francisco.montouto@sada.gal


 Dende a Concellaría de Urbanismo e Emprego apostamos: 

En primeiro lugar por poñer en valor un Urbanismo ao servizo do interese social, que sexa participativo, transparente e igualitario, que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garante o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial para garantir unha economía produtiva.

En segundo lugar apostamos por potenciar a área de emprego dotandoa de mellores recursos e apostamos por mellorar as políticas activas de emprego asi como os servizos de desenvolvemento local e de asesoramento a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de desemprego.


Emprego da a coñecer as ferramentas de mobilidade na UE

Emprego da a coñecer as ferramentas de mobilidade na UE

10/05/2016

- O Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego, organiza ademáis o xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, unha charla informativa referente ao emprego e aplicación de produtos fitosanitarios que impartirá Francisco Otero Otero, Enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos.

Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos.

06/05/2016

Estamos a iniciar o deseño e elaboración da Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Aplicacións de Google, iniciación á informática, elaboracións de presentacións ou procesador de textos, entre os novos cursos da red CeMIT de Sada

Aplicacións de Google, iniciación á informática, elaboracións de presentacións ou procesador de textos, entre os novos cursos da red CeMIT de Sada

02/05/2016

-Desde a Concellería de Urbanismo e Emprego se informa que aínda quedan prazas dispoñibles nalgún dos seis cursos que o centro de Sada programa.

-As persoas interesadas en apuntarse poderán inscribirse nos cursos a través da aplicación XEA (Xestion de aula) co seu usuario e contrasinal ou acudir ao aula sita na Praza da Pescadería para que o axente TIC axúdelles a matricularse.

Emprego organiza as xornadas "Ferramentas de mobilidade na Unión Europea"

Emprego organiza as xornadas "Ferramentas de mobilidade na Unión Europea"

29/04/2016

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, dependente da concellería de Urbanismo e Emprego, vai realizar unha sesión informativa baixo o título “Ferramentas de mobilidade na Unión Europea”, o vindeiro venres 13 de maio de 9:30 h. a 11:00 h., na Casa da Cultura Pintor Lloréns con motivo da celebración o vindeiro 9 de maio do día de Europa e de que este ano é o 30 aniversario da adhesión de España á Unión Europea (1986-2016)

Sada organiza as xornadas de fomento do emprendemento “A forza do Local”

Sada organiza as xornadas de fomento do emprendemento “A forza do Local”

18/04/2016

-As xornadas, que terán lugar na Casa da Cultura de Sada o xoves e venres, están organizadas pola concellería de Urbanismo e Emprego e Afiprodel co obxectivo de dar a coñecer boas prácticas de desenvolvemento local e novos modelos de emprendemento que se están a desenvolver en Galicia.

Exposición "A forza do Local" - Fomento emprendemento

Exposición "A forza do Local" - Fomento emprendemento

15/04/2016

O Concello de Sada solicitou a exposición “A Forza do Local” á Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia para fomentar o emprendemento.

Portela reclama a Feijoo rapidez na concesión de axudas para os afectados das inundacións

Portela reclama a Feijoo rapidez na concesión de axudas para os afectados das inundacións

14/04/2016

- O alcalde de Sada, Benito Portela, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, solicitaron unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, para trasladarlle a situación dos concellos afectados polas inundacións do día 30 de marzo.

CONVOCATORIA AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

CONVOCATORIA AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

12/04/2016

Convocatoria pechada

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun posto de axente da tecnoloxía da información e da comunicación