Urbanismo e emprego

 D. Francisco Xosé Montouto Pérez

 Urbanismo e emprego

 Teléfono : 981620075

 Contacto : francisco.montouto@sada.gal


 Dende a Concellaría de Urbanismo e Emprego apostamos: 

En primeiro lugar por poñer en valor un Urbanismo ao servizo do interese social, que sexa participativo, transparente e igualitario, que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garante o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial para garantir unha economía produtiva.

En segundo lugar apostamos por potenciar a área de emprego dotandoa de mellores recursos e apostamos por mellorar as políticas activas de emprego asi como os servizos de desenvolvemento local e de asesoramento a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de desemprego.

Sada aproba o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal da súa historia

18/03/2016

-  O documento presentado polo goberno municipal logra a maioría absoluta do Pleno da Corporación inda que cos votos en contra do Partido Popular..

LER MÁIS

Benito Portela anuncia que a PXOM mellorará a accesibilidade e seguridade da contorna do centro de ASPACE

15/03/2016

A conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, visitou onte as instalacións de Aspace en Sada onde estivo acompañada do alcalde de Sada, Benito Portela, o portavoz do Partido Popular en Sada e responsables desta entidade que atende a persoas con parálise cerebral.

LER MÁIS

O goberno municipal espera que o PXOM se aprobe por unaminidade

13/03/2016

- O goberno municipal pide madurez política para conseguir, dunha vez por todas, un documento urbanístico para o Concello de Sada

LER MÁIS

Oferta de emprego público da Xunta de Galicia

07/03/2016

Oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial e categorías de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 2016.

LER MÁIS

AXENDA