Urbanismo e emprego

 D. Francisco Xosé Montouto Pérez

 Urbanismo e emprego

 Teléfono : 981620075

 Contacto : francisco.montouto@sada.gal


 Dende a Concellaría de Urbanismo e Emprego apostamos: 

En primeiro lugar por poñer en valor un Urbanismo ao servizo do interese social, que sexa participativo, transparente e igualitario, que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garante o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial para garantir unha economía produtiva.

En segundo lugar apostamos por potenciar a área de emprego dotandoa de mellores recursos e apostamos por mellorar as políticas activas de emprego asi como os servizos de desenvolvemento local e de asesoramento a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de desemprego.

A AEDL de Sada informa de axudas para empresas e autónomos

22/03/2017

Desde a concellería de Urbanismo e Emprego, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) de Sada infórmase da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para a dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos e das axudas para a promoción do emprego autónomo.

LER MÁIS

Emprego de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio organiza formación específica de Carretilleiro/a e Escaparatismo

22/03/2017

A concellería de Emprego do Concello de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña organiza formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 125 horas.

LER MÁIS

O goberno municipal executará as primeiras melloras na rúa Posse, pendentes desde fai un lustro

15/03/2017

O proxecto de reordenación ascende a 74.000 euros e inclúe a unión de rúas e a renovación das luminarias e o pavimento.

LER MÁIS

Sada “humanizará” a Praciña do Conde para integrala na contorna.

15/03/2017

A Concellaría de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, proxecta intervir na Praciña do Conde, onde se substituirán e ampliarán as redes de servizos e as súas acometidas, e renovaranse as pavimentaciones coa idea de humanizar a contorna e integralo na contorna.

LER MÁIS

AXENDA