Promoción económica, turismo...

AXENDA

Promoción económica, turismo e medio ambiente

 D. Xosé Lois Suárez Becerra

 Promoción económica, turismo e medio ambente

 Teléfono : 981620075 - Ext:222

 Contacto : liss.becerra@sada.gal


O Futuro de Sada é Industria, é Comercio, É Hostelería, é Turismo, é medio Ambiente. A responsabilidade que temos nesta área é facer partícipes de conquerir este obxectivo a todos@s sadenses. Desde As Brañas á Punta de San Mamede, desde o Pazo de Meirás ata Sargadelos, desde a Terraza á praia de San Pedro, desde os mariscadores ata  os mariñerios do cerco ou os labregos. Temos un enorme potencial patrimonial, cultural, social, medioambiental por defender, por explotar de xeito sostible.

O Presente pasa pola aplicación de políticas de dinamización, defensa e promoción da nosa realidade para poder competir na comarca das Mariñas e fóra dela. A desestacionalización de xeito integral na organización de eventos e na elaboración de planeamentos son fundamentais no camiño de conquerir o que nos propoñemos. A posta en marcha do Hotel e do Sadabús contribuíran á súa consecución. Sada debe ser atractiva todo o ano, debe estar viva todo o ano. Temos potencial abondo: o Porto Deportivo, o Pesqueiro, os polígonos, as cerámicas do Castro, o Roteiro, As Brañas, O Pazo, a Ría...a xente. Para min, coma concelleiro, esto supón un enorme reto, aínda máis responsibilidade pero sobre todo orgullo e compromiso con todas e todos os veciños de Sada. É posible. Depende de tod@s

 


PRESENTACIÓN FEIRA ECOLÓXICA ÁGORA VERDE

PRESENTACIÓN FEIRA ECOLÓXICA ÁGORA VERDE

02/08/2017

Esta mañá tivo lugar a presentación da Feira Ecolóxica Ágora Verde que terá lugar o venres 4 e o sábado 5 de agosto no Boulevard da Terraza fronte ao edificio modernista.

Promoción Económica crea un concurso de escaparatismo para reforzar a implicación do comercio local coa Feira Modernista

Promoción Económica crea un concurso de escaparatismo para reforzar a implicación do comercio local coa Feira Modernista

02/08/2017

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente convoca o concurso de escaparatismo O Moderniño.

Bases do concurso o Moderniño

MESTURA SHOPPING 2017

MESTURA SHOPPING 2017

06/07/2017

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente ven de publicar as bases de participación do MESTURA SHOPPING 2017 que terá lugar o 19 e 20 de agosto en Sada.

Promoción Económica e a Asociación de Empresarios acordan manter unha relación fluida que beneficie aos veciños de Sada

Promoción Económica e a Asociación de Empresarios acordan manter unha relación fluida que beneficie aos veciños de Sada

26/06/2017

- O primeiro paso a realizar é a ampliación do convenio existente entre a  asociación e o concello que permite afondar nas relacións entre  ambos entes e, incluso, amplialas con xuntanzas con outras entidades a  nivel comarcal, provincial e autonómico do sector na busca de  proxectos que enriquezan o tecido empresarial sadense.

Promoción Económica elabora a Guía do Comercio de Sada del año 2017

Promoción Económica elabora a Guía do Comercio de Sada del año 2017

12/06/2017

Dende a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xestionada polo nacionalista Liss Suárez Becerra, está a elaborar a Guía do Comercio de Sada 2017. A inscripcion na guía para os comercios locais é gratuita así como a súa distribución posterior.

CURSO DE VERÁN - “A EDUCACIÓN NO SECTOR TURISMO”

CURSO DE VERÁN - “A EDUCACIÓN NO SECTOR TURISMO”

06/06/2017

CURSO DE VERÁN - “A EDUCACIÓN NO SECTOR TURISMO”

Do 13 ao 15 de xuño na Casa da Cultura Pintor Lloréns

Presentación do Festival Rock Solidario ASPACE e o I Festival Food Trucks de Sada

Presentación do Festival Rock Solidario ASPACE e o I Festival Food Trucks de Sada

31/05/2017

Esta mañá celebrouse no Salón de Plenos do Concello a presentación do IX Festival Rock Solidario ASPACE e o I Festival Food Trucks de Sada

Vídeo Presentación

Sada celebra a oitava edición da Festa da Xiba con récord de participantes

Sada celebra a oitava edición da Festa da Xiba con récord de participantes

24/05/2017

- O concelleiro responsable de Promoción Económica e Turismo, o nacionalista Liss Suárez Becerra, destaca precisamente que o que se pretende é “a promoción dun producto que se da na nosa ría, que se prepara de moitísimas formas e que supón a creación de varias rutas de tapeo que acaban percorrendo toda a vila”.