Promoción económica, turismo...

AXENDA

Promoción económica, turismo e medio ambiente

 D. Xosé Lois Suárez Becerra

 Promoción económica, turismo e medio ambente

 Teléfono : 981620075 - Ext:222

 Contacto : liss.becerra@sada.gal


O Futuro de Sada é Industria, é Comercio, É Hostelería, é Turismo, é medio Ambiente. A responsabilidade que temos nesta área é facer partícipes de conquerir este obxectivo a todos@s sadenses. Desde As Brañas á Punta de San Mamede, desde o Pazo de Meirás ata Sargadelos, desde a Terraza á praia de San Pedro, desde os mariscadores ata  os mariñerios do cerco ou os labregos. Temos un enorme potencial patrimonial, cultural, social, medioambiental por defender, por explotar de xeito sostible.

O Presente pasa pola aplicación de políticas de dinamización, defensa e promoción da nosa realidade para poder competir na comarca das Mariñas e fóra dela. A desestacionalización de xeito integral na organización de eventos e na elaboración de planeamentos son fundamentais no camiño de conquerir o que nos propoñemos. A posta en marcha do Hotel e do Sadabús contribuíran á súa consecución. Sada debe ser atractiva todo o ano, debe estar viva todo o ano. Temos potencial abondo: o Porto Deportivo, o Pesqueiro, os polígonos, as cerámicas do Castro, o Roteiro, As Brañas, O Pazo, a Ría...a xente. Para min, coma concelleiro, esto supón un enorme reto, aínda máis responsibilidade pero sobre todo orgullo e compromiso con todas e todos os veciños de Sada. É posible. Depende de tod@s

 


Carnoedo recupera as festas de San Andrés

Carnoedo recupera as festas de San Andrés

25/11/2015

Churrascada, mexillonada, festa da cervexa e un xantar-baile para celebrar tres días de festa. 

@salto@Sada 25 novembro A parroquia de Carnoedo quere recuperar as tradicionais festas de San Andrés e desde a asociación de veciños Armental prepararon tres días de actividades e gastronomía na honra ao patrón da parroquia. O venres 27 de novembro na escola de Carnoedo, lugar onde se celebrarán todas as actividades, terá lugar unha gran churrascada a partir das 20:00 horas para dar paso á primeira verbena a cargo do Dúo Calú. A misa na honra a San Andrés terá lugar o sábado ás 13:00 horas e pola tarde a partir das 20:00 horas celebrarase unha mexillonada e a festa da cervexa todo iso amenizado pola verbena da orquestra Palladium e Carlos Manteiga. Finalizarán o tres días de festa o domingo 29 cun xantar-baile de confraternidade ás 13:30 horas cun menú que se compón de callos, codillo ou xarrete, sobremesa, refrescos ou auga e café. O recinto contará cunha carpa por se as inclemencias meteorolóxicas son adversas e o xantar-baile estará amenizada por Carlos Manteiga

A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

14/11/2015

Orfebrería, velería, palilleiras, canteiros, artesanía en barro e en coiro, carpintería de ribeira, textiles, stands de mermeladas tradicionais, alfarería de Bonxe e distintos tipos de artesanos de bisutería expoñerán en Sada durante todo o fin de semana na carpa situada detrás da Terraza. Paralelamente celebraranse talleres de oficios, demostracións de palilleiras, charlas de cantautores, concertos e sorteos de agasallos. Programa I Feira Oficios Artesáns

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

00/00/0000

Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente,  convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 26 de setembro, ás 18:00 horas na Capela de San Roque, para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto de devandito evento e ao mesmo tempo presentar as actividades previstas cara ó vindeiro ano.