Promoción económica, turismo...

AXENDA

Promoción económica, turismo e medio ambiente

 D. Xosé Lois Suárez Becerra

 Promoción económica, turismo e medio ambente

 Teléfono : 981620075 - Ext:222

 Contacto : liss.becerra@sada.gal


O Futuro de Sada é Industria, é Comercio, É Hostelería, é Turismo, é medio Ambiente. A responsabilidade que temos nesta área é facer partícipes de conquerir este obxectivo a todos@s sadenses. Desde As Brañas á Punta de San Mamede, desde o Pazo de Meirás ata Sargadelos, desde a Terraza á praia de San Pedro, desde os mariscadores ata  os mariñerios do cerco ou os labregos. Temos un enorme potencial patrimonial, cultural, social, medioambiental por defender, por explotar de xeito sostible.

O Presente pasa pola aplicación de políticas de dinamización, defensa e promoción da nosa realidade para poder competir na comarca das Mariñas e fóra dela. A desestacionalización de xeito integral na organización de eventos e na elaboración de planeamentos son fundamentais no camiño de conquerir o que nos propoñemos. A posta en marcha do Hotel e do Sadabús contribuíran á súa consecución. Sada debe ser atractiva todo o ano, debe estar viva todo o ano. Temos potencial abondo: o Porto Deportivo, o Pesqueiro, os polígonos, as cerámicas do Castro, o Roteiro, As Brañas, O Pazo, a Ría...a xente. Para min, coma concelleiro, esto supón un enorme reto, aínda máis responsibilidade pero sobre todo orgullo e compromiso con todas e todos os veciños de Sada. É posible. Depende de tod@s

 


A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

A primeira feira de oficios artesáns de sada arrinca con 30 expositores e numerosas actividades

14/11/2015

Orfebrería, velería, palilleiras, canteiros, artesanía en barro e en coiro, carpintería de ribeira, textiles, stands de mermeladas tradicionais, alfarería de Bonxe e distintos tipos de artesanos de bisutería expoñerán en Sada durante todo o fin de semana na carpa situada detrás da Terraza. Paralelamente celebraranse talleres de oficios, demostracións de palilleiras, charlas de cantautores, concertos e sorteos de agasallos. Programa I Feira Oficios Artesáns

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

00/00/0000

Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente,  convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 26 de setembro, ás 18:00 horas na Capela de San Roque, para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto de devandito evento e ao mesmo tempo presentar as actividades previstas cara ó vindeiro ano.