Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá

 Teléfono : 981620075

 Contacto : alcaldia@sada.gal - @Benito_Portela

 

 

O primeiro obxetivo que nos propuxemos no goberno ao comezo do mandato, foi axudar a facer un Concello de portas abertas,cercano á xente.Ese é o noso compromiso,que dende cada área de goberno lle facilitemos a vida á xente e lles demostremos que a súa opinión é fundamental para construir a Sada do futuro,escoitando as súas propostas e resolvendo os seus problemas.


Co orzamento xa aprobado,con este novo espazo dixital que supón unha clara aposta pola transparencia e a participación,imos facendo camiño.

Invitovos a participar,tedes liña directa co Concello,para min será un pracer escoitar as vosas propostas.

 

A Deputación da Coruña compromete apoio técnico e económico ao Concello de Sada

31/03/2016

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, visitou hoxe o concello de Sada e percorreu xunto ao alcalde, Benito Portela, as zonas inundadas no día de onte.

LER MÁIS

Concentración en repulsa dos atentados en Bruxelas

23/03/2016

Os concellos de toda Galicia convocaron para hoxe mércores ao mediodía nas sedes dos edificios e dependencias públicas unha concentración silenciosa en memoria dos numerosos falecidos nos atentados perpetrados na mañá de onte en Bruxelas. O Concello de Sada realizou un chamamento a todos os cidadáns para celebrar unha concentración diante do edificio do Concello e gardar un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas dos atentados de #Bruxelas. Sada mostra a súa condena ante os ataques e toda a súa solidariedade cos familiares e seres queridos dos falecidos.

LER MÁIS

Sada aproba o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal da súa historia

18/03/2016

-  O documento presentado polo goberno municipal logra a maioría absoluta do Pleno da Corporación inda que cos votos en contra do Partido Popular..

LER MÁIS

Benito Portela anuncia que a PXOM mellorará a accesibilidade e seguridade da contorna do centro de ASPACE

15/03/2016

A conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, visitou onte as instalacións de Aspace en Sada onde estivo acompañada do alcalde de Sada, Benito Portela, o portavoz do Partido Popular en Sada e responsables desta entidade que atende a persoas con parálise cerebral.

LER MÁIS

AXENDA