Oficina municipal de...

AXENDA

Oficina municipal de información xuvenil -OMIX

A OMIX de Sada (Oficina Municipal de Información Xuvenil ) é un servizo público que o Concello pon á túa disposición e que intenta responder ás necesidades de información que teñen os mozos do municipio sobre recursos, actividades e temas do seu interese.

Inaugurada o 1 de marzo de 1995, a OMIX forma parte da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia.

Servizos :

  1. Procura, tratamento, dinamización e difusión de información xerada por institucións tanto públicas como privadas.
  2. Información e atención ao usuario.
  3. Servizo de internet.
  4. Tramitación do Carné Xove.
  5. Elaboración e desenvolvemento de programas de dinamización xuvenil.

 

Horario de atención ao público

Luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h.
Desde o 15 de xuño ao 15 de setembro: Horario de 09:00 a 15:00 h.

 



SENDEREANDO POR PUNTA NARIGA (MALPICA DE BERGANTIÑOS)

SENDEREANDO POR PUNTA NARIGA (MALPICA DE BERGANTIÑOS)

09/05/2018

Roteiro Punta Nariga: Tradición e Faros

Malpica de Bergantiños - 20 maio 2018 (todo o día)

ESCOLAS DE VERÁN SADA 2018

ESCOLAS DE VERÁN SADA 2018

07/05/2018

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta Concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta de Escolas de Verán 2018. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses

Sada convoca unha nova edición do concurso "Sada Le"

Sada convoca unha nova edición do concurso "Sada Le"

18/04/2018

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada convoca o 3º Concurso municipal “Sada Le” có obxectivo de fomentar a lectura entre a veciñanza do municipio e a comunidade educativa.

SendereAndo 2018 - Serra de Forgoselo

SendereAndo 2018 - Serra de Forgoselo

09/04/2018

Roteiro Serra de Forgoselo (As Pontes- A Capela)

Listaxe de prazas adxudicadas Forgoselo

AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017-2018

AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017-2018

05/04/2018

Actualizado a 5 abril 2018

05/04/2018 - LISTAXE DEFINITIVA AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 2017-2018

Exposición "A miña bisavoa é unha muller especial"

Exposición "A miña bisavoa é unha muller especial"

30/03/2018

O Concello de Sada adicou o Día da Muller 2018 ás bisavoas cunha iniciativa "pioneira" na que os escolares reivindicaron o papel destas mulleres "sobre as que outrora pesaba toda a responsabilidade familiar".

Lista de agarda e admitidos para o Programa Sendereando 2018 (Carballo-Malpica)

Lista de agarda e admitidos para o Programa Sendereando 2018 (Carballo-Malpica)

31/01/2018

Publicamos a lista de admitidos e de agarda para todos aqueles que solicitaron praza na andaina Carballo-Malpica correspondente ao Programa Sendereando 2018 desenvolvido pola Concellalía de Educación, Xuventude e Saude.