Deportes...

AXENDA

Deportes

 Dña. Zeltia Natividade García Ben

 Deportes

 Teléfono : 981620075

 Contacto : zeltia.garcia@sada.gal


As asociacións deportivas do noso Concello están a facer un traballo admirábel en todos os sentidos,achegan o deporte ao conxunto da cidadanía e cubren unha demanda cada vez maior de practicar deporte.

Dende a Concellería de Deportes queremos apoiar aos clubes, ofrecer actividades deportivas para todas as edades e mellorar e ampliar as instalacións deportivas do Concello. Queremos animarvos a colaborar,participar e propoñer ideas,entre todas e todos será máis fácil e será mellor.


Curso de monitor de fútbol base en Sada

Curso de monitor de fútbol base en Sada

04/03/2016

O alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de deportes, Zeltia García, presentaron xunto ao presidente do Raio Sadense, Jesús Lestón, e ao representante da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, o curso de monitor de fútbol basee que se realizará en Sada do 15 de marzo ao 23 de maio. 

O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club

O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres

29/02/2016

Este fin de semana celebrouse en Sada a primeira parte dun intercambio deportivo/cultural entre o CAS (Club Atletismo Sada) e o HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres

O pasado mes de maio de 2015, un grupo de directivos e adestradores do CAS realizaron unha visita a Londres, onde lanzaron aos representantes do HWAC londiniense o proxecto de intercambio.

O Club Sasa de Sada campión galego de inverno 2016 de salvamento

O Club Sasa de Sada campión galego de inverno 2016 de salvamento

15/02/2016

O Club Sasa de Sada conquistou o título absoluto nos campionatos galegos de inverno 2016 de salvamento para as categorías alevín, infantil e cadete.

Durante o fin de semana dez clubs, que mobilizaron 209 deportistas, competiron na piscina Carballo Calero, de Carballo, baixo a organización da Federación Galega e o club local Sysca. A competición respondeu as expectativas, ao conseguirse 19 marcas e clasificar a moitos deportistas para os campionatos de España, que terán lugar os días 20 e 21 en Valladolid.

Sada destina a investimento e fomento do deporte máis de medio millón de euros

Sada destina a investimento e fomento do deporte máis de medio millón de euros

01/02/2016

En total o orzamento para o ano 2016 destina 468.573,71€ ao capítulo deportivo ao que hai que sumar tres actuacións, que se están levando a cabo conxuntamente con outras concellarías e coa alcaldía e que tamén teñen como fin o fomento do deporte no municipio, como son o novo carril bici do paseo marítimo, a solicitude a Xuventude do uso do pavillón do albergue da Mariña Española e a solicitude de dotación de herba artificial do campo de fútbol de Carnoedo á Deputación.

Éxito de organización e participación do Trail Costa Doce

Éxito de organización e participación do Trail Costa Doce

25/01/2016

De enorme éxito pódese definir o I Trail Costa Doce que se celebrou no día de onte en Sada no que sobresaíu o traballo dos voluntarios que fixeron desta proba unha das mellores do circuíto autonómico. 

Campaña de Esquí 2016 - Deputación da Coruña

Campaña de Esquí 2016 - Deputación da Coruña

22/01/2016

Campaña de Esquí 2016 - Deputación da Coruña. Esquí en Leitariegos 2016 A Deputación da Coruña, realiza unha campaña de esquí na estación invernal de Leitariegos (provincia de León) para nenos e nenas de toda a provincia, nacidos nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.

Sada subvencionará aos deportistas locais que participen en probas autonómicas, nacionais e internacionais.

Sada subvencionará aos deportistas locais que participen en probas autonómicas, nacionais e internacionais.

11/01/2016

O alcalde, Benito Portela, recibe á sadense Paula Valdés, medalla de bronce no Mundial de Artes Marciais WKA.

@salto@ Sada 11 xaneiro 2016 A Concellería de Deportes, xestionada por Zeltía García, inclúe nos orzamentos para para o 2016 a concesión de bolsas a deportistas de nivel do Concello de Sada coa intención de fomentar o deporte entre os veciños do municipio e para axudar nos gastos que poden supoñér os desprazamentos a competicións deportivas de alto nivel. O Concello de Sada convocará bolsas de axudas que irán destinadas os deportistas do municipio, que reúnan certos requisitos empezando por estar empadroado no Concello de Sada cunha antigüidade de, polo menos, catro anos consecutivos, no ano da solicitude; estar en posesión de licenza deportiva, vixente no momento da convocatoria e expedida pola federación deportiva correspondente e tamén acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, o ano anterior ao da solicitude, e ter proxección nas previsións de futuro. Os deportistas sadenses deberán presentar un resumo do historial deportivo do ano 2015, no que haberá de constar as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais ou internacionais, con especificación de datas, lugar e nivel de competición. Este historial haberá de vir dilixenciado co visto e prace da federación deportiva correspondente en documento orixinal. Xunto co resumo do ano pasado deberán achegar un proxecto deportivo, a desenvolver durante o ano 2016, no que se incluirá necesariamente o detalle das competicións as que se pretende asistir expresando a súa denominación, nivel da competición (nacional, internacional), categoría da competición ou o rzamento de gastos e ingresos estimados da tempada. O área de deportes do Concello de Sada revisará os expedientes de solicitudes e verificará que conteñan a documentación esixida. As solicitudes das bolsas serán estudadas e valoradas por unha comisión de avaliación que terá en conta o proxecto deportivo para a presente tempada (nivel, categoría e número de competicións) a implantación e importancia da modalidade deportiva no eido nacional, os resultados obtidos na tempada anterior á da solicitude, a achega económica propia para o desenvolvemento do proxecto/competición e outros méritos como concesión de becas deportivas de outras administracións, convocatorias selección ou estar becado en centros de alto rendimento. Estas axudas serán compatibles con outras axudas, públicas ou privadas, que se concedan para a mesma finalidade. A dotación total da presente convocatoria é de 10.500,00 euros, cun límite máximo por bolseiro de 1.500,00 euros. Os deportistas beneficiados deberán realizar o proxecto deportivo obxecto da bolsa, é dicir, ter competido, no ano da convocatoria, en eventos ou probas deportivas de relevancia nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións e sempre que este acceso sexa por selección, por clasificación directa en probas menores ou por acreditar unha marca mínima. Se consideran gastos subvencionables aqueles que sen lugar a dúbidas respondan á natureza da actividade deportiva subvencionada. Non se admitirán facturas de bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto considerado lesivo para a saúde. Nas viaxes que se realicen por mor da actividade e competicións, admitiranse como gastos subvencionables os de desprazamento, aloxamento e os de alimentación. Tamén se terá en conta a participación dos deportistas sadenses en actividades ou campañas de difusión/promoción do deporte que poida realizar a Concellaría de Deportes. A publicación da convocatoria dacordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade, farase una vez aprobado o orzamento do ano 2016. O alcalde e a concelleira de deportes reciben á sadense Paula Valdés, medalla de bronce no Mundial de Artes Marciais WKA. O alcalde de Sada, Benito Portela recibiu á deportista sadense Paula Valdés, de 8 anos de idade, que formou parte da selección española no Campionato do Mundo Unificado de Artes Marciais WKA disputado en Benidorm onde acadou o terceiro posto na modalidade de Kata Tradicional. A WKA é a Federación Internacional de artes marciais máis grande do mundo con 186 países representados e que aglutina numerosas disciplinas. Os campeonato mundiais de WKA, como o que este ano se celebrou en Benidorm, están considerados como as Olimpíadas das Artes Marciais. Un total de 3.600 competidores de 125 países do mundo participaron no campeonato da WKA nos seis días que duraron as probas do mundial. A sadense participou na modalidade de Kata Tradicional (sen armas). A Kata é unha modalidade de arte marcial na que se fan movementos acrobáticos que se realizan no aire idealizando unha loita imaxinaria. Paula Valdés foi campioa galega de Kick Boxing sen contacto, adecuado a idades temperás, nos anos 2012 e 2013 e participou xunto con sete deportistas galegos no pasado mundial, seis en kick boxing e un en kata tradicional. Nos mundiais celebrados en 2014 en Carrara (Italia) a galega Lucía García quedou Campioa do Mundo na disciplina de Light Combat e dous galegos subcampións do mundo na categoría de Kick Boxing. O alcalde estivo a comentar xunto a Paula Valdés e o seu pai e adestrador no clube Ximnasio Bushido, José Luís Valdés, o acontecido no campeonato do mundo de Benidorn e as distintas disciplinas que a sadense practica. Ademáis Portela adiantou que nos orzamentos do 2016 incluirase una partida para subvencionar “deportistas sadenses que participen en probas autonómicas, nacionais e internacionais.”

Deportes arreglará a cuberta do pavillón Polideportivo e cambiará o pavimento da pista de baloncesto do Paseo Marítimo

Deportes arreglará a cuberta do pavillón Polideportivo e cambiará o pavimento da pista de baloncesto do Paseo Marítimo

23/12/2015

A Concellería de Deportes encargará tamén un estudo exhaustivo da estructura do pavillón polideportivo para solucionar o desnivel tanto na pista de xogo como nos vestiarios e outras instalación do pavillón. Dentro da actuación que se solicitou ao POS 2016 inclúese a colocación dun novo lucernario apoiado sobre o panel existente que servirá de soporte sobreelevado. @salto@