Deportes...

AXENDA

Deportes

 Dña. Zeltia Natividade García Ben

 Deportes

 Teléfono : 981620075

 Contacto : zeltia.garcia@sada.gal


As asociacións deportivas do noso Concello están a facer un traballo admirábel en todos os sentidos,achegan o deporte ao conxunto da cidadanía e cubren unha demanda cada vez maior de practicar deporte.

Dende a Concellería de Deportes queremos apoiar aos clubes, ofrecer actividades deportivas para todas as edades e mellorar e ampliar as instalacións deportivas do Concello. Queremos animarvos a colaborar,participar e propoñer ideas,entre todas e todos será máis fácil e será mellor.


O Machismo Mata!

O Machismo Mata!

19/12/2016

O Concello de Sada condena os crimes sucedidos este fin de semana e mostra a súa repulsa máis absoluta a violencia machista.

Sada súmase ás mostras de dor en memoria das vítimas de violencia machista e convoca a todas e todos os seus veciños á concentración Ou Machismo Mata! que terá lugar mañá ás 20:00 horas no Obelisco da Coruña

Sada felicita ao Natural Sport de taekwondo

Sada felicita ao Natural Sport de taekwondo

16/12/2016

O Concello de Sada felicita aos deportistas e ao clube de taekwondo Natural Sport Sada que no recentemente celebrado Campionato de España de Clubes acadaron numerosas medallas e as mellores clasificacións.

Dous desfibriladores para o campo de fútbol e a Casa dá Cultura

Dous desfibriladores para o campo de fútbol e a Casa dá Cultura

15/12/2016

O Concello de Sada, a través da concellaría de Deportes, adquiriu dous desfibriladores semiautomáticos para instalar en dous puntos de especial actividade e tránsito e dar resposta a unha vella demanda de veciños e entidades, xa que até o momento non existe ningunha dependencia municipal que dispoña deste dispositivo electrónico destinado a situacións de parada cardiorrespiratoria.

O pavillón do albergue Xuvenil da Marina, nova instalación para os sadenses

O pavillón do albergue Xuvenil da Marina, nova instalación para os sadenses

25/10/2016

A política do goberno local por sumar espazos continuará en próximas datas, segundo revelaron desde a concellaría de Deportes, xa que para potenciar a actividade física no municipio están a ultimarse dous convenios máis, un co instituto Isaac Díaz Pardo, para a utilización do pavillón cuberto, e outro co Concello de Bergondo, para o uso do campo de fútbol de O Convento.

O alcalde de Sada recibe ao Club SASA

O alcalde de Sada recibe ao Club SASA

18/10/2016

O alcalde de Sada, Benito Portela, recibiu o pasado sábado aos deportistas do Club Salvamento Sada que conseguiron algunha medalla nos Campionatos de España da tempada recentemente finalizada.

Sada programa unha vintena de escolas deportivas municipais para o curso 2016-2017

Sada programa unha vintena de escolas deportivas municipais para o curso 2016-2017

23/09/2016

A concellaría de Deportes de Sada organiza en colaboración cos clubs deportivos da localidade as escolas deportivas municipais para o curso 2016-2017

Tríptico Escolas Deportivas Municipais Curso 2016-2017

Convocatoria para a contratación laboral dun posto de técnico/a de deportes

Convocatoria para a contratación laboral dun posto de técnico/a de deportes

21/09/2016

ACTUALIZADO A 21 SETEMBRO 2016

Convocatoria para a contratación laboral dun posto de TÉCNICO/A DE DEPORTES.

XXII Día da Bicicleta Sada 2016

XXII Día da Bicicleta Sada 2016

10/09/2016

O domingo 18 de setembro Sada celebrará a XXII edición do Día da Bicicleta.

O percorrido realizarase desde as 11:00 ás 13:00 horas con saída e chegada na Casa da Cultura. Os adultos percorrerán un total de 12 km, mentres que os máis pequenos acompañarán aos adultos no seu parte final, polo carril bici do Paseo Marítimo.