Deportes

 Dña. Zeltia Natividade García Ben

 Deportes

 Teléfono : 981620075

 Contacto : zeltia.garcia@sada.gal


As asociacións deportivas do noso Concello están a facer un traballo admirábel en todos os sentidos,achegan o deporte ao conxunto da cidadanía e cubren unha demanda cada vez maior de practicar deporte.

Dende a Concellería de Deportes queremos apoiar aos clubes, ofrecer actividades deportivas para todas as edades e mellorar e ampliar as instalacións deportivas do Concello. Queremos animarvos a colaborar,participar e propoñer ideas,entre todas e todos será máis fácil e será mellor.

A espectacularidade da costa sadense protagonista do II Trail Costa Doce.

26/12/2016

-Medio milleiro de persoas cubriron as prazas dispoñibles para esta proba que levará a cabo nun circuíto circular que se desenvolve en terreo de monte, excepto os primeiros e últimos 1.000 metros e un tramo na parroquia de Carnoedo, que transcorren por asfalto, fundamentalmente en zonas peonís.

LER MÁIS

Deportes acondiciona a pista de baloncesto do paseo marítimo

20/12/2016

Sada finaliza nestes días o acondicionamento das pistas deportivas situadas no paseo marítimo de Sada, que se atopaban en mal estado e nas que se invisten 20.000 euros. Unha parte do investimento realízase cunha subvención achegada pola Deputación Provincial da Coruña que cofinancia a actuación xunto ao Concello.

LER MÁIS

O Machismo Mata!

19/12/2016

O Concello de Sada condena os crimes sucedidos este fin de semana e mostra a súa repulsa máis absoluta a violencia machista.

LER MÁIS

Sada felicita ao Natural Sport de taekwondo

16/12/2016

O Concello de Sada felicita aos deportistas e ao clube de taekwondo Natural Sport Sada que no recentemente celebrado Campionato de España de Clubes acadaron numerosas medallas e as mellores clasificacións.

LER MÁIS

AXENDA