Banda Municipal de...

AXENDA

Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música de Sada naceu a finais do ano 1994 cando os seus mozos músicos interpretan o Concerto de Nadal, o seu primeiro concerto, na sexta planta do hotel sadense baixo a batuta de D. José Barros.

Desde entón actúan no programa de TVE “Desde Galicia para o Mundo” dedicado a Sada, e participan na Concentración de Bandas de música de Santiago de Compostela nos anos 1997 e 2001. No ano 1998 viaxan a Arxentina, onde actúan con éxito para a colectividade de Galegos de Buenos Aires; ofrecen concertos no teatro Castelao do Centro Galego, no teatro Bambalinas da Federación de Sociedades Galegas e no Club Deportivo Español.

En setembro de 1999 José Antonio Neira Mella convértese en director da Banda de Música de Sada. Con el voan no ano 2000 a New York actuando  na Casa de Galicia, en Newark e no Club España de New Jersey cultivando un gran éxito.

Ese mesmo ano viaxan a Portugal actuando en Castelo de Paiva e ao ano seguinte a Banda de Sada é seleccionada para actuar no concurso do “Día dá Música Xove” organizado pola Xunta de Galicia. En xullo de 2006 a Banda desprázase a Castro Urdiales (Cantabria) onde celebra un concerto dentro dunha viaxe cultural.

Desde outubro do ano 2008 toma a batuta da Banda Municipal de Sada o actual director Miguel Brea Seoane co que a Banda de Música graba un traballo discográfico no ano 2015.

A maior parte dos seus integrantes son ou foron alumnos da Escola Municipal de Sada, dos cales unha gran parte colaboran ou pertencen a formacións tan importantes como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Filharmonía de Santiago, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Ferrol e Xoven Orquestra da Sinfónica de Galicia entre outras.

A Banda Municipal de Sada ten unha ampla e importante labor no Concello de Sada, asumindo a responsabilidade, totalmente altruísta por parte dos seus músicos, do labor social e musical. Durante o ano a Banda de Música realiza unha programación estable na Casa da Cultura Pintor Lloréns cun variado e innovador repertorio tanto bandístico como de música de cámara cos distintos grupos que se formaron na propia banda.



Día das Letras Galegas 2017 en Sada

Día das Letras Galegas 2017 en Sada

16/05/2017

O Concello de Sada, ademáis do vídeo de promoción da lingua galega , programa diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2017.

O mércores 17 de maio a concellería de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, programa dentro do programa “Ler conta moito” o pictograma “Carlos Casares” na Biblioteca Municipal Suárez Picallo ás 12:00 horas con entrada libre. Esta actividade para nenos e nenas de 5 a 12 anos é unha proposta diferente, dirixida os pequenos da casa para celebrar o Día das Letras Galegas.

Cultura presenta á “Curuxa Catuxa”, a nova mascota da Biblioteca Municipal Suárez Picallo

Cultura presenta á “Curuxa Catuxa”, a nova mascota da Biblioteca Municipal Suárez Picallo

31/03/2017

-A concellería de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, programa este fin de semana contacontos e concertos didácticos, así como una exposición nos primeiros quince días do mes de abril, para conmemorar o Día do Libro Infantil.

A V Feira Modernista potencia a música na rúa, a danza, a arquitectura e a presenza galega e local no programa.

A V Feira Modernista potencia a música na rúa, a danza, a arquitectura e a presenza galega e local no programa.

23/07/2016

- REVISTA A MODERNISTA (A NOSA PROGRAMACIÓN EN FORMATO XORNAL)

- PROGRAMA COMPLETO V FEIRA MODERNISTA

A Escola Municipal de Música abre o prazo de matriculación para o curso 2016-2017

A Escola Municipal de Música abre o prazo de matriculación para o curso 2016-2017

01/06/2016

-Dependente da concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, a Escola Municipal de Música imparte especialidades de Linguaxe Musical, Música e Movemento, Coro de Nenos e Adultos, clarinete, frauta travesera, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompa, trompeta, violín e viola.