Benestar social e...

AXENDA

Benestar social e igualdade

 

 Dña. Isabel Reimúndez Suárez

 Bienestar Social e Igualdad

 Teléfono : 981620567

 Contacto :  isabel.reimundez@sada.gal



ELAS SON ARTISTAS 2018

ELAS SON ARTISTAS 2018

15/04/2018

O 10 de abril tiña lugar na Coruña a rolda de prensa na que se presentaba un proxecto cheo de música, arte e igualdade, o 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, Elas son Artistas #ESA, un proxecto multidisciplinar no que sector público e privado danse a man co obxectivo de dar voz ás mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes, cuxa presencia non sempre é tan visible como debese pero que son parte fundamental do éxito do resultado final do traballo do que forman parte.

Chega a Sada o programa de prevención da violencia de xénero na idade adolescente "Suprime o CONTROL"

Chega a Sada o programa de prevención da violencia de xénero na idade adolescente "Suprime o CONTROL"

09/04/2018

SUPRime o CONTROL

O venres 20 de abril chega a Sada o programa socioeducativo "SUPRime o CONTROL", unha iniciativa da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a Garda Civi, coa colaboración da concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Sada, que pretende previr as situacións de violencia de xénero, sobre todo na idade adolescente, e informar as familias sobre os riscos das novas tecnoloxías.

Sesenta mulleres de Sada participan no vídeo que a concellería de Benestar presentou o Día da Muller

Sesenta mulleres de Sada participan no vídeo que a concellería de Benestar presentou o Día da Muller

13/03/2018

O pasado 11 de marzo tivo lugar o acto organizado pola concelleria de Benestar Social e Igualdade para conmemorar o Día internacional da Muller onde participaron o grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guións de violencia de xénero da Deputacion, e proxectouse un vídeo onde participan 60 veciñas de Sada .

Sada aumenta un 118% a inversión no servizo de axuda no fogar.

Sada aumenta un 118% a inversión no servizo de axuda no fogar.

10/03/2018

- No pasado pleno ordinario de febreiro aprobouse o expediente para a contratación por procedemento aberto do Servizo de Axuda no Fogar que aposta por un incremento de algo máis de 335,000 euros/anuais para este ano 2018, pasando de 283.569 euros/anuais a 620.000 euros/anuais, e unha prevision de gasto de 741.000 euros para o 2019”.

As veciñas de Sada protagonistas no Día da Muller

As veciñas de Sada protagonistas no Día da Muller

06/03/2018

-  O grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guions de violencia de xénero da Deputacion, realizarán ademáis unha representación-interpretacion do guion.

 Listaxe actualizada de persoas admitidas na Escola Infantil Flora Ramos.

Listaxe actualizada de persoas admitidas na Escola Infantil Flora Ramos.

07/02/2018

 Listaxe actualizada de persoas admitidas e de modificacións, acordos adoptados nas Sesións de comisión e seguimento de data 05/02/2018. As 58 prazas que se ofertaron corresponden a todos os nad@s no ano 2015.

A Galiña Azul. Curso 2017-2018

A Galiña Azul. Curso 2017-2018

17/01/2018

Actualizado a 30 novembro 2017.

Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2017/18

 Aspace recibe a Medalla de Ouro do Concello de Sada

Aspace recibe a Medalla de Ouro do Concello de Sada

02/01/2018

O alcalde sadense, Benito Portela, destacou no seu discurso antes da entrega da medalla que era "unha honra" concedela a Aspace e agregou tamén que esta entidade "fai que Sada sexa mellor" por facer "visible a diversidade", e axudou xa a que os sadenses "aprecien as capacidades diversas e os fillos crezan dándose conta de que todos somos iguais sendo diferentes".