Alcaldía

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Alcalde

 Teléfono : 981620075

  Contacto : alcaldia@sada.gal - @Benito_Portela


As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.

O PXOM DE SADA SERÁ SUBSANADO DE INMEDIATO TRAS A DENEGACIÓN DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA POLA XUNTA

01/02/2017

-O goberno local xa deu as ordes oportunas á equipa redactora para que o Pleno poida aprobar de novo o PXOM e remitilo de novo á Xunta para aprobación definitiva.

LER MÁIS

Exito do II Trail Costa Doce de Sada

30/01/2017

Lydia Rodríguez Carracedo e Emilio Montilla Fernández, cun tempo de 2:43:04 e 2:10:19, respectivamente, impuxéronse no trail Costa Doce, que organizaron o Club Atletismo Sada e a concellaría de Deportes, e logrou reunir a medio milleiro de participantes nesta proba de 26 quilómetros de percorrido pola costa sadense.

LER MÁIS

Sada convoca á veciñanza a unha presentación para dar a coñecer o proceso de creación dos Consellos Sectoriais.

30/01/2017

 -Un dos obxetivos finais do proceso de participación cidadá posto en marcha coa creación dos Consello Sectoriais é a participación das asociacións e da veciñanza nos orzamentos en próximos anos.

LER MÁIS

Deportes realiza o sorteo de prazas para a campaña de Esquí da Deputación

27/01/2017

A concellaría de Deportes, xestionada por Zeltia García, levou a cabo o sorteo de prazas para participar na campaña de Esquí da Deputación da Coruña enfocada a nenos e nenas nacidos dos anos 2002 ao 2006, ambos inclusive.

LER MÁIS

Patrimonio resolverá o expediente BIC de A Terraza este ano

20/01/2017

- O alcalde de Sada, Benito Portela, xunto co concelleiro de Turismo, Liss Suárez Becerra, reuníronse o pasado mércores en Santiago co subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural, Juan Antonio Naveira Seoane, para avanzar na declaración de Ben de Interese Cultural de dous referentes culturais de Sada como son o edificio de A Terraza e as Cerámicas do castro.

LER MÁIS

AXENDA