Alcaldía

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Alcalde

 Teléfono : 981620075

  Contacto : alcaldia@sada.gal - @Benito_Portela


As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.

O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres

29/02/2016

Este fin de semana celebrouse en Sada a primeira parte dun intercambio deportivo/cultural entre o CAS (Club Atletismo Sada) e o HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres

LER MÁIS

Sada insta o Goberno español a promover as iniciativas necesarias para unha solución xusta no Sahara

29/02/2016

- A fachada do Concello luce desde onte a bandeira do Sáhara Occidental con motivo do 40 aniversario da proclamación da Repúlica Saharaui.

LER MÁIS

O goberno local analizará cos veciños o proxecto para ensanchar a estrada de Castelo a Carnoedo

23/02/2016

O proxecto, xa adxudicado, que se vai a levar a cabo na estrada DP-7504, que une Castelo con Carnoedo e do que se fai cargo a Deputación como titular da infraestrutura, será exposto aos veciños e propietarios das leiras por onde discorre o camiño co fin de introducir melloras de face a favorecer a seguridade viaria na zona.

LER MÁIS

Portela e Ferreiro firman a renovación do convenio de colaboración de emerxencias.

19/02/2016

-O alcalde de Sada e o seu homólogo da Coruña firmaron esta mañá en María Pita un novo convenio de colaboración para que os servizos de emerxencias de Sada reciban material propiedade do concello coruñés.

LER MÁIS

Patrimonio mostra boa disposición para resolver o problema das visitas ao Pazo de Meirás

15/02/2016

-O alcalde de Sada, Benito Portela, e o concelleiro de Turismo, Liss Suárez Becerra, reuníronse onte en Santiago coa directora xeral de patrimonio, Carmen Martínez, e o subdirector xeral de protección do patrimonio, Juan Antonio Naveira.

LER MÁIS

AXENDA