Alcaldía...

Alcaldía

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Alcalde

 Teléfono : 981620075

  Contacto : alcaldia@sada.gal


As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.


Sada licita tres servizos de bar das distintas festas do verán

Sada licita tres servizos de bar das distintas festas do verán

08/07/2016

O Concello de Sada saca a licitación tres servizos de bar das distintas festas que se van celebrar en Sada durante os meses de xullo e agosto.

@salto@

A Escola Infantil Galiña Azul recibe 15.000€ para obras de mantemento e seguridade.

A Escola Infantil Galiña Azul recibe 15.000€ para obras de mantemento e seguridade.

08/07/2016

- As actuacións centraranse na reparación de humidades do edificio, o investimento en medidas de seguridade e a instalación de toldos para crear zonas de sombra  nos xardíns.

“Saltar na Praia", ou como levar as disciplinas atléticas de saltos aos areais

“Saltar na Praia", ou como levar as disciplinas atléticas de saltos aos areais

08/07/2016

- Saltar na Praia tenta promocionar e achegar o atletismo, na súa modalidade de saltos, á  mocidade,  a pesar de que polo seu formato estará aberta a todo tipo de idades mediante as distintas sesións e actividades que se desenvolverán na Praia Nova de Sada do 19 ao 23 de xullo e que farán que tanto técnicos, rapaces, atletas e público en xeral formen parte activa das sesións.

Convocatoria para a contratación laboral temporal de dous postos de Socorristas para instalacións Acuáticas

Convocatoria para a contratación laboral temporal de dous postos de Socorristas para instalacións Acuáticas

06/07/2016

ACTUALIZADO A 6 DE XULLO DE 2016

Convocatoria para a contratación laboral temporal de dous postos Socorristas para instalacións Acuáticas

Sada realiza a mellora do saneamento na rúa Venezuela.

Sada realiza a mellora do saneamento na rúa Venezuela.

06/07/2016

- As obras que se están executando nestes días na confluencia da rúa dá Lagoa, rúa Venezuela e rúa Linares Rivas, consisten en executar un bypass na canalización de saneamento desde a rúa dá Lagoa até a rúa do Río (paralela á rúa Venezuela) para evitar o cruzamento de saneamento baixo os ovoides de pluviais existentes na zona así como para solucionar problemas de retencións e mellorar a capacidade e velocidade do caudal da rede de saneamento, facilitando ademais o  mantemento e a de limpeza da mesma polos servizos técnicos.

Sada abre o venres a piscina das Cerámicas do Castro aos veciños do termo municipal.

Sada abre o venres a piscina das Cerámicas do Castro aos veciños do termo municipal.

06/07/2016

- O alcalde, Benito Portela, firma un convenio coas Cerámicas do Castro onde Sargadelos comprométense ademáis ao deseño a prol do concello de Sada dunha peza institucional significativa que sexa emblema singular da cidade de Sada, así como tamén a continuar realizando as placas para a identificación das rúas sadenses segundo o modelo oficial que foi deseñado polas Cerámicas do Castro-Sargadelos, de maneira altruísta e sen que supoña ningún custo para o concello.

Resultado Eleccións ao Congreso 26 Xuño 2016

Resultado Eleccións ao Congreso 26 Xuño 2016

27/06/2016

Achegamos a tabla de resultados das Eleccións ao Congreso do 26X por mesas electorais de Sada

Descargar Tabla

Sada acondiciona o roteiro Costa Doce

Sada acondiciona o roteiro Costa Doce

27/06/2016

- A brigada de servizos realizou a limpeza e o desbroce do tramo entre Fontán e Punta de San Mamede que está a ser moi utilizado nas ultimas datas. Ademáis os operarios de servizos abriron un camino real que discurre entre Fontán e o mirador da ría existente no roteiro.