Alcaldía...

Alcaldía

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Alcalde

 Teléfono : 981620075

  Contacto : alcaldia@sada.gal


As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.


Sada contrata a primeira fase da reforma integral da avenida República Arxentina

Sada contrata a primeira fase da reforma integral da avenida República Arxentina

22/06/2018

A XGL adxudicou o contrato de Pavimentación beirarrúa e mellora de servizos afectados no tramo esquerdo da Avda. República Arxentina á empresa Excavaciones y Obras Candal S.L, no prezo total de 85.062,09€

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOCE SOCORRISTAS ACUÁTICOS

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOCE SOCORRISTAS ACUÁTICOS

20/06/2018

Actualizado 20 xuño 2018

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOCE (12) SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA A UNIDADE DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO.

O ALCALDE DE SADA DEMANDA DO PRESIDENTE DO GOBERNO QUE PAZO DE MEIRÁS E VALLE DE LOS CAÍDOS DEBEN TER  DECISIÓNS CONXUNTAS

O ALCALDE DE SADA DEMANDA DO PRESIDENTE DO GOBERNO QUE PAZO DE MEIRÁS E VALLE DE LOS CAÍDOS DEBEN TER DECISIÓNS CONXUNTAS

20/06/2018

-O alcalde de Sada demanda do goberno do Estado o exercicio inmediato de accións xudiciais para reverter o Pazo ao patrimonio público.

 

Sada adxudica as obras de mellora de 12 camiños nas parroquias

Sada adxudica as obras de mellora de 12 camiños nas parroquias

19/06/2018

-“Os camiños das parroquias necesitan un mantemento adecuado como consecuencia do paso do tempo e do tráfico cada vez mais intenso que deben soportar. Con esta inversión preténdese renovar o firme para mellorar a  seguridade dos viandantes e conductores” indica o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro.

Sada aproba definitivamente os orzamentos máis sociais da súa historia.

Sada aproba definitivamente os orzamentos máis sociais da súa historia.

15/06/2018

-O orzamento, que se eleva a 12.755.418€, da luz verde ao Goberno Municipal para licitar diversas actuacións pendentes da aprobación definitiva deste documento.

@salto@

A Xunta de Goberno Local adxudica a obra de renovación integral de Cantalarrana por 432.000 euros.

A Xunta de Goberno Local adxudica a obra de renovación integral de Cantalarrana por 432.000 euros.

15/06/2018

-A actuación inclúe a substitución das redes de auga, saneamento e pluviais e reurbanización das rúas Cambre, Culleredo, Abegondo e Avenida da Coruña na zona das Brañas en Sada.

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO

14/06/2018

Actualizado a 14 xuño de 2018

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016.­

Sada solicita entrevista coa nova Ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

Sada solicita entrevista coa nova Ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

07/06/2018

-Benito Portela enviou hoxe unha carta á recén nomeada ministra encargada das áreas de Enerxía, Auga, Medio Ambiente e Cambio Climático, para establecer o antes posible unha folla de ruta para a actuación medioambiental da Praia de Sada.