Administración local, obras e servizos

D. Miguel Tenreiro Bouza               

Administración local, obras y servicios

 Teléfono : 981620075

 Contacto : miguel.tenreiro@sada.gal


Posibelmente a Concellería de Obras e Servizos é unha das máis transversais dun Concello, afecta a cada persoa e repercute en outras áreas de goberno.

Moitas veces a calidade de vida se atopa nas pequenas cousas: o arreglo dun camiño, arreglar unha farola...pero tamén nas grandes: a limpeza viaria, o cuidado dos xardíns públicos, facer máis accesíbel un edificio público.

Sada pavimentará camiños en Osedo e Soñeiro

07/01/2016

O goberno local incluíu o camiño que comunica Campo de Sar e Costa, da parroquia de Soñeiro, e o que vai de Seixeda á Fraga, na parroquia de Osedo, dentro dos plans provinciais.

LER MÁIS

Deportes arreglará a cuberta do pavillón Polideportivo e cambiará o pavimento da pista de baloncesto do Paseo Marítimo

23/12/2015

A Concellería de Deportes encargará tamén un estudo exhaustivo da estructura do pavillón polideportivo para solucionar o desnivel tanto na pista de xogo como nos vestiarios e outras instalación do pavillón. Dentro da actuación que se solicitou ao POS 2016 inclúese a colocación dun novo lucernario apoiado sobre o panel existente que servirá de soporte sobreelevado. @salto@

LER MÁIS

Mellora do servizo de auga en Veigue e saneamento entre Lamela (Carnoedo) e Lácere (Mondego)

16/12/2015

En Veigue ademáis instalaranse subministracións de auga e saneamento en parte de A Valexa.Desde a concellaría de Obras e Servizos, que xestiona Miguel Tenreiro, sinalan que o orzamento das obras en Veigue é de 40.000€ e financiaranse con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) 2015, mentres que a obra entre Lamela e Lácere cun orzamento de 80.000€ incluirase no Plan Acción Social (PAS) 2015.

LER MÁIS

Sada contará cun novo carril-bici que aliviará o transito peonil do paseo marítimo

12/12/2015

O novo recorrido que se propón apartase do tránsito dos veciños e veciñas que disfrutando Paseo Marítimo, xa que descorre polo límite exterior das zonas verdes.

LER MÁIS

Sada reorganiza as áreas de goberno para buscar unha maior operatividade e experiencia

21/11/2015

Miguel Tenreiro farase cargo das concejalías de Administración Local, Obras e Servizos, áreas nas que xa tiña experiencia da súa etapa anterior como concelleira.

LER MÁIS

AXENDA