Administración local, obras e servizos

D. Miguel Tenreiro Bouza               

Administración local, obras y servicios

 Teléfono : 981620075

 Contacto : miguel.tenreiro@sada.gal


Posibelmente a Concellería de Obras e Servizos é unha das máis transversais dun Concello, afecta a cada persoa e repercute en outras áreas de goberno.

Moitas veces a calidade de vida se atopa nas pequenas cousas: o arreglo dun camiño, arreglar unha farola...pero tamén nas grandes: a limpeza viaria, o cuidado dos xardíns públicos, facer máis accesíbel un edificio público.

Sada renovará o seu parque móbil de servizos e seguridade co plan de aforro e investimentos da Deputación.

17/03/2016

- O goberno municipal leva ao pleno extraordinario de mañá un investimento en vehículos destinados á policía local, á brigada de servizos e ao servizo de emerxencias municipal.

LER MÁIS

O goberno local analizará cos veciños o proxecto para ensanchar a estrada de Castelo a Carnoedo

23/02/2016

O proxecto, xa adxudicado, que se vai a levar a cabo na estrada DP-7504, que une Castelo con Carnoedo e do que se fai cargo a Deputación como titular da infraestrutura, será exposto aos veciños e propietarios das leiras por onde discorre o camiño co fin de introducir melloras de face a favorecer a seguridade viaria na zona.

LER MÁIS

Obras e Servizos mellora o proxecto de humanización da rúa Oleiros

19/02/2016

-A obra inicial, proxectada no 2014, non contemplaba o empedrado na parte final da rúa, no seu entroncamento coas Brañas, polo que desde a concellaría de Obras e Servizos contratouse a humanización dese tramo.

LER MÁIS

O goberno local propón a mellora do Polígono do Espírito Santo no capítulo de inversións do orzamento

23/01/2016

“Estamos a falar - sinala o alcalde de Sada, Benito Portela - dun polígono con moitísimo futuro polas súas comunicacións e que debemos potenciar e modernizar para que sexa atractivo de cara a instalación de futuras empresas nos 36.540 m2 pertencen ó Concello de Sada”.

LER MÁIS

O goberno local inclúe no orzamento a renovación e arranxo das marquesiñas do termo municipal.

20/01/2016

O Concello de Sada inclúe nos orzamentos do 2016 unha partida de preto de 12.000€ destinada á instalación e reparación das marquesiñas das parroquias do municipio.

LER MÁIS

AXENDA