Novas...

AXENDA

Novas


Sada dota dunha cadeira anfibia a praia de Cirro e instala o posto socorrismo no areal de San Pedro.

Sada dota dunha cadeira anfibia a praia de Cirro e instala o posto socorrismo no areal de San Pedro.

23/06/2016

-A Consellería de Sanidade certificou en como “aptas” a calidade das augas dos areais do termo municipal de Sada nas últimas análises, incluída a Praia das Delicias.

Cultura solicita a Patrimonio autorización para acondicionar a Capela de San Roque

Cultura solicita a Patrimonio autorización para acondicionar a Capela de San Roque

22/06/2016

- O técnico municipal que acudiu a realizar o informe a petición do concelleiro de Cultura, o socialista Marcos Villar, apreciou “a deterioración da fachada” e suxire “o arranxo do recebo desprendido, selado de fisuras e pintado de novo.”

Urbanismo recorda a obrigatoriedade de manter en boas condicións de salubridade e seguridade os solares e terreos no casco urbano.

Urbanismo recorda a obrigatoriedade de manter en boas condicións de salubridade e seguridade os solares e terreos no casco urbano.

20/06/2016

- Este recordatorio establécese ante o abandono de certos peches e solares, moitos deles sobresaíndo á vía pública, e que poden causar accidentes os viandantes e veciños e doutra banda poden ser foco de aparición de roedores se non se manteñen e conservan en boas condicións de salubridade.

A intervención do alcalde cos veciños consegue a dotación de 300 novas prazas de aparcadoiro gratuito para Sada.

A intervención do alcalde cos veciños consegue a dotación de 300 novas prazas de aparcadoiro gratuito para Sada.

20/06/2016

-O alcalde asinou nos últimos días varios convenios cos propietarios de parcelas no centro urbano polos que o Concello consegue 8.500 metros cadrados de espazo libre no centro de Sada que acondicionará como aparcadoiro nos próximos días.

Entrega diplomas Sada Educa

Entrega diplomas Sada Educa

20/06/2016

O pasado venres clausurouse o programa Sada Educa despois de finalizar o curso iniciado o pasado mes de outubro coa participación de máis dun centenar de nenos e adultos.

Este programa da Concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, inclúe un apartado de actividades extraescolares para os nenos con clases de cociña, zumba, deseño gráfico, inglés ou estimulación temperá, e outro para adultos que incluíu tamén inglés.

Nacha Pop, La Habitación Roja, Triangulo del Amor Bizarro y The Trunks actuarán en las Fiestas de Sada

Nacha Pop, La Habitación Roja, Triangulo del Amor Bizarro y The Trunks actuarán en las Fiestas de Sada

20/06/2016

- Este ano combinaranse, o mesmo día, concertos pop-rock na Praza Suárez Picallo con sesións de baile e concertos tradicionais na Carpa Acendida.  -O 16 de agosto actuarán xunto á La Habitación Roja os coruñeses Triángulo do Amor Bizarro e os sadenses The Trunks, ambos os grupos chegarán a Sada despois de actuar no Sonorama. -O 17 de agosto celebrarase a segunda edición do UrbanFeel Festival con numerosas actividades de arte urbana, talleres didácticos, exhibicións e concertos.

200 escolares aprenden seguridade viaria nun circuíto instalado no Paseo Marítimo de Sada.

200 escolares aprenden seguridade viaria nun circuíto instalado no Paseo Marítimo de Sada.

20/06/2016

- Os participantes aprenderon como circular por unha rotonda, normas na cesión de paso, sinalización vertical e horizontal ou  o  funcionamento dos vehículos de emerxencia e seguridade.

O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

20/06/2016

Mañá martes ás 9:00 horas comezarán os traballos de asfaltado da rúa Sadadarea que se prolongarán durante os dous próximos días.

Estes labores de fresado e pavimentado da rúa levarán á restrición do tráfico rodado durante as xornadas de martes 21 e mércores 22 de xuño.