Novas...

AXENDA

Novas


Sada axuda ás familias para a compra de material ou vestiario escolar

Sada axuda ás familias para a compra de material ou vestiario escolar

27/09/2017

Segundo a concelleira de Educación Raquel Bolaño, o concello é consciente das dificultades das familias neste inicio escolar e demanda pór en marcha o anterior sistema, coa gratuidade dos libros de texto.

As rutas sadenses do impresionismo de Lloréns.

As rutas sadenses do impresionismo de Lloréns.

20/09/2017

- FOLLETO RUTAS TURÍSTICO-CULTURALES. FRANCISCO LLORÉNS, PINTOR DAS MARIÑAS

- FOLLETO RUTA DO IMPRESIONISMO DE LLORÉNS

Sada formará a 12 veciños nun curso de operario de tratamento de cefalópodos

Sada formará a 12 veciños nun curso de operario de tratamento de cefalópodos

20/09/2017

-A acción formativa ten a finalidade de capacitar ás persoas participantes para a realización de operacións específicas de recepción, almacenamento, expendeduría, preparación e elaboración de moluscos, cefalópodos e produtos derivados, coñecementos altamente demandados dentro das empresas relacionadas co sector do mar e da pesca.

Obradoiro de emprego “Cambre - Sada PROXEDIS” dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas

Obradoiro de emprego “Cambre - Sada PROXEDIS” dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas

19/09/2017

A especialidade a impartir é Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais para a que existe unha dispoñibilidade de 20 prazas (10 prazas para cada concello). Nos próximos días a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) da concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada porase en contacto coas persoas preseleccionadas pola oficina de emprego da Coruña-Monelos.

Sada e o Museo Carlos Maside solicitan á Xunta un convenio para a rehabilitación e posta en marcha das instalacións

Sada e o Museo Carlos Maside solicitan á Xunta un convenio para a rehabilitación e posta en marcha das instalacións

18/09/2017

O alcalde de Sada, Benito Portela, e os representantes de Cerámicas do Castro S.L., Segismundo García,  e do Laboratorio de Formas de Galicia, Xosé Díaz, solicitan á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia a sinatura dun convenio que teña por obxetivo a rehabilitación e posta en marcha do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, ubicado no Castro de Samoedo.

CERVEFEIRA 2017 - FEIRA CERVEXA ARTESÁ DE SADA

CERVEFEIRA 2017 - FEIRA CERVEXA ARTESÁ DE SADA

18/09/2017

Os días 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro celebrarase en Sada a terceira edición da Cervefeira, a Feira da Cervexa Artesá de Sada, organizada pola concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente. 

Sada investirá este ano máis de 250.000 euros nas melloras dos centros de Educación Infantil e Primaria

Sada investirá este ano máis de 250.000 euros nas melloras dos centros de Educación Infantil e Primaria

14/09/2017

As obras do patio cuberto do CEIP Sada y sus Contornos depende da aprobación do PXOM e espera licitarse a finais deste mesmo ano e a impermeabilización da teitume do CEIP MONDEGO acometerase este mesmo ano.

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2017

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2017

14/09/2017

A concellería de Deportes convoca a concesión de bolsas para axuda a deportistas do Concello de Sada, ao abeiro das bases reguladoras da concesión de bolsas para deportistas de sada 2017 aprobadas no marco das Bases de Execución do Orzamento Xeral para 2017. As axudas outorgaranse con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000 ata o límite de 10.500,00 euros.