VIDA...

AXENDA

VIDA

26/05/2017 - 26/05/2017

VIDA

Descrición do Evento

PELÍCULA: VIDA

ORGANIZA: CONCELLERÍA DE BENESTAR - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

DÍA: 26 DE MAIO

HORA: 20:00 HORAS

LUGAR: CAPELA DE SAN ROQUE

MÁIS INFORMACIÓN


VIDA: Unha obra de ficción e un documental para sensibilizar ao público arredor dos persoas con diversidade funcional compoñen o proxecto Vida, dirixido por Rubén Riós, que chegará ao concello de Sada o 26 de maio.

A obra de ficción Vida é un pioneiro proxecto audiovisual impulsado polo actor e director Rubén Riós e a súa produtora Claqueta Coqueta que a Deputación da Coruña difundirá en cinco concellos co fin de contribuír á sensibilización coas persoas con diversidade funcional e promover a súa integración social.

En cada unha das proxeccións intervirán o director, Rubén Riós e parte do equipo artístico, en especial, as protagonistas con diversidade funcional.

Rubén Riós explicou que o traballo na elaboración do proxecto se prolongou ao longo de dous intensos anos de traballo coas persoas protagonistas. "Agora podemos utilizar as súas ganas e a ilusión para visibilizalo e facer partícipe ao público", dixo, despois de explicar o proceso que se iniciou nun traballo previo coas técnicas de formación actoral coas persoas que serían logo as protagonistas e que abrirían tantos camiños como para mudar o proxecto inicial para dar lugar ao documental e á curta. "Detrás do resultado final hai un traballo previo e agora agradecemos esta posibilidade de difundilo", sinalou Rubén Riós.

A obra de ficción Vida proxéctase conxuntamente co documental Máis ca vida para sensibilizar e facer reflexionar, desde distintas perspectivas, sobre o colectivo de persoas con capacidades especiais. O proxecto ten como actor e actriz protagonistas a Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro que se poñen por vez primeira fronte unha cámara e conta cun reparto artístico con nomes xa coñecidos como os de Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estibaliz Veiga, María Mera ou Luís Iglesia. "Vida" está dirixida por Rubén Riós e ten como guionistas a Estíbaliz Veiga e Jacobo Paz.

O traballo en equipo é un dos elementos chaves deste proxecto que é resultado dun ano de ensaios do director Rubén Riós cun colectivo de persoas con capacidades diferentes ao que pertencen as persoas protagonistas. Pola súa parte o documental Máis ca vida, igualmente por Rubén Riós que tamén é guionista e produtor recolle os ensaios realizados de cara á rodaxe do filme a través dos que se mostran os sentimentos das persoas implicadas. O documental é así, segundo a produtora "unha ferramenta idónea para contribuír a plasmar en papel todos os elementos necesarios para a creación de tramas do guión de Vida, unha obra, de ficción, creada por e para eles, artífices e construtores activos do seu día a día".

O obxectivo fundamental é concienciar a través do audiovisual sobre o respecto e a igualdade de oportunidades ademais de promover entre o público o coñecemento mediante testemuños reais desta realidade de cara a eliminar barreiras e contribuír á inclusión social. O proxecto busca tamén fortalecer, recoñecer e valorar o traballo que realizan desde asociacións e fundacións que traballan polo benestar de persoas con distintas capacidades.

As obras dirixidas por Rubén Riós conseguiron xa premios en distintos festivais como o Primavera do cine de Vigo ou o Antonio Cerrillo aos valores humanos, o da semana ado cine de Sonseca en Toledo.

Capela de San Roque

Volver atrás