TEATRO: 1879 CASA...

AXENDA

TEATRO: 1879 CASA DE BONECAS

14/10/2018 - 14/10/2018

TEATRO: 1879 CASA DE BONECAS

Descrición do Evento

TEATRO: 1879 CASA DE BONECAS de Henrik Ibsen (Compañía Estudo do Momento)

Domingo 14 outubro ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns

Entrada: 3,5€ (Venda en taquillas da Casa da Cultura a partir do luns 8 de outubro) - Aforo Limitado

Organiza: Concellería de Cultura de Sada


Casa de Bonecas ou "O escándalo dunha muller que marcha da casa". Así foi considerada na súa época esta gran obra, froito da dramaturxia do pai do teatro realista contemporáneo, Henrik Ibsen, en 1879.

Un alegato feminista que se converteu co paso de tempo na celebración da independencia da muller nunha sociedade de homes. Con Casa de Bonecas o espectador revive o nacemento dunha das maiores heroinas do teatro, Nora Helmer. Esposa e nai perfecta, esconde sen embargo un perigoso segredo, anos atrás falsificou unha firma para conseguir un préstamo. Cando todo sae á luz, descobre que o seu home non a considera máis ca un obxeto da súa propiedade, provocando un desenlace de escándalo.

Esta revisión do clásico, centrada no matrimonio Helmer, crea no espectador a sensación de estar convidado á intimidade do fogar, como se o estivese a ver todo através dunha ventana indiscreta...

Este espectáculo foi galardoado co I Premio Luísa Villalta pola Igualdade concedido pola Deputación da Coruña

 

Casa de la Cultura Pintor Lloréns

Volver atrás