SAN XOAN 2018...

AXENDA

SAN XOAN 2018

23/06/2018 - 24/06/2018

SAN XOAN 2018

Descrición do Evento

San Xoán Sada 2018

Xa tes plan para a noite meiga? Desde o Concello de Sada propoñémoste o mellor plan para a tarde-noite do sábado 23 de xuño no Curruncho (Praia de Sada)

Sardiñada (A partir das 19:00 - Sardiñas, cunca, pan de broa e bebida por 5€)

Música (A cargo de distitnas agrupacións folclóricas e Disco Móbil)

Lumeiradas, Lumes de Artificio …

Organiza: Concellería de Cultura de Sada


O SAN XOÁN VAI POR BARRIOS!

Ides celebrar o San Xoan na zona do Curruncho? 

Ao igual que en anteriores edicións, a Concellería de Cultura e Praias ofrecerá un tractor de leña para repartir entre veciñas e veciños de Sada.

Se queredes montar unha “fogueira de barrio” e conseguir algo de madeira para facela máis espectacular, envía un mail a sada.cul@sada.gal co asunto “O San Xoán vai por barrios” poñendo o voso NOME e a RÚA na que residides, e dirémosvos onde recoller a leña para levantar unha boa fogueira. A encher de luz o San Xoán!!

Curruncho

Volver atrás