SALTAR NA PRAIA...

AXENDA

SALTAR NA PRAIA 2017

28/07/2017 - 29/07/2017

SALTAR NA PRAIA 2017

Descrición do Evento

Os próximos 28 e 29 de xullo celebrarase na Praia Nova de Sada da exhibición de saltos a cargo dos mellores saltadores galegos.

Participarán entre outros Alfonso Palomanes, Campeón de España Absoluto de Triplo Salto, e Sati Ferrer, Campeón Galego de Salto con Pértega. 

A sesión de exhibición cos saltadores de élite será o sábado a partires das 19:30. Previamente, o mesmo sábado ás 10:30 da mañá celebrarase un adestramento da selección galega xuvenil, ao mando dos seleccionadores galegos Santi Ferrer e Mario González, Xulio Ventín e Alfonso Palomanes.

Ademáis, o venres pola tarde ás 18:00 horas, todos os rapaces que queiran probar os saltos poderán achegarse á Praia Nova e poñerse as ordes dos adestradores do Sector de Saltos da Federación Galega de Atletismo, para realizar unha sesión de iniciación aos saltos, lonxitude, triplo e pértega. Será unha sesión moi divertida, sobre todo o salto con pértega na conchoneta.

Vídeo de Saltar na Praia de Marcos Cenamor

Organiza: Club Atletismo Sada

Colabora: Concellería de Deportes – Concello de Sada

Praia Nova de Sada

Volver atrás