PRESENTACIÓN POEMARIO PARÍS...

AXENDA

PRESENTACIÓN POEMARIO PARÍS JOEL

09/12/2017 - 09/12/2017

PRESENTACIÓN POEMARIO PARÍS JOEL

Descrición do Evento

Este sábado ás 20h na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) terá lugar a presentación no Concello de Sada do primeiro poemario do cantautor Paris Joel titulado: "Ditados para un salvamento emocional", un evento onde participarán os músicos: César de Centi e Bea "a de Estrela".

Nesta ocasión o cantautor sadense xoga en casa para presentar 58 poemas introspectivos introducidos por un prólogo do xornalista, escritor e poeta Rodolfo Serrano que ademais é letrista de varias das cancións do seu fillo "Ismael Serrano". A amizade que une ao cantautor de Sada co proxenitor do cantautor de Vallecas vén de moitos anos atrás froito dun seguimento en Redes que culminou en varias colaboracións como foi a escritura do epílogo de "Os Corpos afastados"(edicións Frida, Rodolfo Serrano) por parte de Paris Joel e agora a redacción do prólogo de "Ditados para un salvamento emocional" por parte de Rodolfo Serrano.

Paris Joel é cantautor, locutor e técnico de son da emisora municipal do Concello de Oleiros "Radio Oleiros", ademais de escritor e licenciado en Historia pola UNED.

OMIX Sada

Volver atrás