ENTROIDO SADA 2018...

ENTROIDO SADA 2018

10/02/2018 - 14/02/2018

ENTROIDO SADA 2018

Descrición do Evento

Con motivo da celebración das festas do Entroido 2018 o Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura programa diversas actividades para os vindeiros días.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO SADA 2018

O Entroido en Sada comeza o vindeiro sábado 10 de febreiro na carpa do Entroido que acollerá unha festa pensada para que as nenas en nenos ata 14 anos pasen unha tarde de recreo e animación e atopen un espazo no que eles serán os protagonistas. Haberá zonas diferenciadas con oferta de actividades pensadas para as/os máis pequenas, (ata 4 anos) e para as nenas e nenos de 5 a 14 anos. Inchables, obradoiros, xogos, actividades de animación, maquillaxe e caracterización… toda unha serie de propostas lúdicas para divertirse e vivir o Entroido por todo o alto. 

O domingo 11, as diferentes asociacións e colectivos sadenses están convidadas a participar nun desfile de disfraces no que contaremos coa presenza de charangas que porán a animación musical. As e os participantes no desfile serán incluídos nun concurso de disfraces con premios en diferentes categorías: INDIVIDUAL, GRUPAL e CARROZAS. O xurado presenciará o desfile das participantes durante o pasacalles, valorando os mellores disfraces para outorgar os premios desta edición. Ó remate do desfile, na carpa situada detrás do edificio de La Terraza, organizarase a entrega de premios e continuará a festa a ritmo das actuacións das comparsas invitadas. 

Ese mesmo luns, celebramos o Entroido Sadense cunha gran verbena carnavalesca amenizada pola orquesta grupo D´MODA. Música e disfraces para unha longa noite de festa. E o martes 13 teremos unha cita ca vixesimoterceira edición da "Festa da Filloa", estas e outras sorpresas formaran parte do entroido deste ano en Sada.

Sada

Volver atrás