ENTROIDO ON LIVE...

AXENDA

ENTROIDO ON LIVE

27/02/2017 - 27/02/2017

ENTROIDO ON LIVE

Descrición do Evento

As concellerías Educación, Xuventude e Saúde e a de Cultura e Praias, programan a actividade  ENTROIDO ON LIVE para o luns 27 febreiro.

Trátase dun gran xogo para a mocidade dentro da programación de actividades de celebración do Entroido 2017. Con esta convocatoria preténdese animar á participación activa da cidadanía moza no Entroido, e aportar un contido atractivo á programación dos festexos desta edición do Entroido Municipal en Sada, unha das festas máis tradicionais e populares do calendario galego.

Poderán participar neste gran xogo os mozos e mozas entre 14 e 30 anos, inclusive. As persoas interesadas en formar parte deste gran xogo deberán recoller unha cartulina o día 27 de febreiro na Oficina da Xuventude (09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00h) ou a Capela de San Roque (18.00 a 21.00). O xogo iníciase o día 27 de febreiro ás 17.00h e rematará ás 22.45h dese mesmo día, coa entrega da cartulina cuberta na festa para mozos/as que terá lugar a partir das 22.00 na carpa instalada detrás do edificio da Terraza

Preme nas seguintes ligazóns para obter máis información:

Sada

Volver atrás