Don Juan Tenorio...

AXENDA

Don Juan Tenorio

12/11/2017 - 12/11/2017

Don Juan Tenorio

Descrición do Evento

Don Juan Tenorio - Síntesis

Compañía de teatro Noite Bohemia

Domingo 12 de Novembro - Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 20 horas. Entrada gratuita. Aforo limitado. Rógase puntualidade. 

Organiza: Concejalía de Cultura de Sada


Orgullosos de poder continuar coa tradición coruñesa de representar “Don Juan” por Defuntos, a compañía Noite Bohemia presenta este ano a 4ª edición que titula “Síntesis” pois pretenden que sexa un resumo das tres edicións anteriores e dar así continuidade ó proxecto. Este ano ademáis, celebran o 200 aniversario do nacemento de José Zorrilla.

Esta edición será, por tanto, non só unha homenaxe á obra máis popular do teatro español e cumio do romanticismo senón tamén a un poeta que soubo romper os límites do teatro burgués e legarnos unha obra que, 174 anos despois, manten a vixencia e frescura do primeiro día. 

 

Casa de la Cultura Pintor Lloréns

Volver atrás