DÍA DA TROULA...

DÍA DA TROULA 2018

19/05/2018 - 19/05/2018

DÍA DA TROULA 2018

Descrición do Evento

DÍA DA TROULA

SADA, SÁBADO 19 DE MAIO 2018

ORGANIZA: NOVA TROULA - TURISMO DE SADA - CONCELLO DE SADA

COLABORA: ASOCIACIÓN SUÁREZ PICALLO E DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cantos polos bares, foliada popular, concerto de Radio Cos.... e moita troula!!!


A segunda edición do Día da Troula chega para levarnos ata os primeiros anos do século vinte, onde algúns veciños nosos comezan a considerar o perigo no que se atopa a nosa tradición musical, e forman as primeiras asociacións adicadas á súa continuidade. Lembraranse a estas entidades e trataremos de pasar un día onde a música e a gastronomía de Sada se fundan para darnos unha xornada de festa irrepetible

O 19 DE MAIO, DÍA DA TROULA

Comezará con "Cantos polos Bares", cando os locais hosteleiros de Sada abran as súas portas aos cantos tradicionais da nosa terra, ás 12:30 h da mañá onde poderedes escoitar as actuacións musicais dos seguintes grupos:

• Os do fondo da barra

• ‎A fonte de Merlán

• Cantares dos pendellos

• Muiñeiros do Sarela

• Viute o demo

•‎ Os Folieiros

• Son d'aquí

• Grupo de Zanfonas da Tradescola

• Alén do mar

•‎ Os carecos

• Airiños da Bandoxa

Seguido dos cantos de taberna, ás 18:30 h, pola tarde, abrirase a primeira parte da Foliada Popular ao son das gaitas na Praza Irmáns Suárez Picallo.

As 21:00 h desfrutaremos do concerto de Radio Cos, para continuar coa segunda parte da Foliada Popular do Día da Troula ás 22:30.

SADA

Volver atrás