Día da Troula...

AXENDA

Día da Troula

20/05/2017 - 20/05/2017

Día da Troula

Descrición do Evento

Sábado 20 de maio durante todo o día en Sada

O Día da Troula nace en Sada como unha xornada vencellada ó folclore e a música popular, onde o noso entorno xoga un papel fundamental.

Non é casualidade que este evento rememore a aquel grupo de xente que nos anos 30 trataba de poñer valor as tradicións galegas na nosa vila.

Nova Troula promete diversión, pero tamén dar luz a esas historias que pouco a pouco se esqueceron e forman parte da nosa identidade.

Organiza: Nova Troula

Colabora: Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente

PROGRAMA

- Comeza ás 11:00 h. da mañá con "Cantos polos Bares", onde contamos cos seguintes grupos:

● Os do Fondo da Barra
● Os Folieiros 
● Cantares dos pendellos
● Os Rebentos d'a Cruña
● Son d'aquí
● Alén do mar
● Viute o demo

- Ás 15:30 h xantaremos en homenaxe ós "Perilláns", de Iñás, coa presencia de Ramón Mosquera Domínguez 

- Ás 19:00 h ó son das gaitas, abrirase a primeira parte da Foliada Popular

- Ás 21:00 h escoitaremos e desfrutaremos dun concerto, o concerto de "Os Melidaos"

- Ás 22:00 h para rematar o Día da Troula, continuaremos coa segunda parte da Foliada Popular

Sada

Volver atrás