DESFILE DE DISFRACES...

AXENDA

DESFILE DE DISFRACES ENTROIDO 2017

28/02/2017 - 28/02/2017

DESFILE DE DISFRACES ENTROIDO 2017

Descrición do Evento

A concellería de CULTURA E PRAIAS organiza a actividade DESFILE CONCURSO DE DISFRACES o martes 28 de febreiro.

Os participantes inscritos no concurso de disfraces do 28 de febreiro achegaranse ó punto de inicio do desfile, establecido no entorno da Casa da Cultura de Sada. Deberán desfilar polas rúas de Sada amosando os seus disfraces ó público e ó xurado, e exhibindo as súas coreografías e animación musical (en caso de que as teñan). O xurado valorará os disfraces e a animación festiva durante o desfile, polo que o grupo de concursantes deberá aproveitar o seu pasacalles polas rúas de Sada para amosar a súa cara máis animada.

Preme nas seguintes ligazóns para obter máis información:


Lugar/hora saída Casa da Cultura Pintor Llorens / 18:00 h

Lugar/hora chegada carpa detrás de “La Terraza” / 20:00 h 

Información/inscrición gratuita OMIX de Sada, facebook.com/culturasada e premendo na ligazón de inscrición on line

As asociacións e colectivos sadenses están convidadas a participar nun desfile de disfraces no que contaremos coa presenza de charangas. Os participantes no desfile serán incluídos nun concurso de disfraces con premios nas categorías: INDIVIDUAL, GRUPAL e CARROZAS. Ó remate do desfile, na carpa situada detrás do edificio de La Terraza, organizarase a entrega de premios e continuará a festa a ritmo das actuacións das comparsas invitadas.

INDIVIDUAL: 1º PREMIO Smartphone Samsung Galaxy A3 -  2º PREMIO Portátil Lenovo convertible en tablet -  3º PREMIO Tablet Lenovo 

GRUPOS: 1º PREMIO Estancia na neve (8 persoas, 3 días en Grandvalira) - 2º PREMIO Fin de semana en casa de Turismo Rural (8 persoas) - 3º PREMIO Comida/cea nun restaurante de Sada (8 persoas)

CARROZAS: 1º PREMIO 1.000€ - 2º PREMIO 500€ - 3º PREMIO 300€

Sada

Volver atrás