Concerto Cantautores: Tato...

AXENDA

Concerto Cantautores: Tato López e París Joel

20/05/2017 - 20/05/2017

Concerto Cantautores: Tato López e París Joel

Descrición do Evento

Este sábado ás 20:00 horas na planta baixa da OMIX de Sada, o cantautor Tato López presenta o seu último CD "Más Allá de Las Palabras" acompañado do cantautor local Paris Joel e do percusionista Tonu Leiro.

Tato López, madrileño de nacemento pero afincado en Santiago de Compostela desde hai moitos anos, foi elixido mellor cantautor de Galicia no Concurso Galego de Cantautores do Pub Uff de Vigo e actualmente está a presentar o seu último traballo por toda a xeografía nacional.

Non é a primeira vez Tato López que toca en Sada pois participou en dúas ocasións no Festival de Cantautores Sadautor organizado polo sadense Paris Joel durante nove anos en varios escenarios da vila mariñá.

Entrada Libre.

OMIX Sada

Volver atrás