CABALGATA DE REIS...

AXENDA

CABALGATA DE REIS

05/01/2018 - 05/01/2018

CABALGATA DE REIS

Descrición do Evento

LISTAXE FIGURANTES CABALGATA REIS 

NORMAS DE ACTUACIÓN EN CASO DE EMERXENCIA - INSTRUCCIÓNS PARA NAIS E PAIS

Ao remate da Cabalagata os pais poderán recoller os nenos nun punto de encontro que establecerá a organización no pavillón do instituto Isaac Díaz Pardo, para que a entrega dos menores sexa organizada" 


Un ano máis, dende a Concellería de Cultura e Praias programa a Cabalgata de Reis de 2018 como punto final das celebracións de Nadal.

"Este é un dos días máis importantes do ano para as rapazas e os rapaces, sinala a concelleira María Pardo,  e queremos seguir mantendo viva a súa ilusión durante todo o tempo que sexa posible. Por isto escollemos unha posta en escena que esperamos que sexa do agrado de toda a poboación e introducimos uns pequenos cambios.

Este ano é moi posible, se o tempo acompaña, que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente fagan a súa chegada a Sada en barco, polo que a comitiva real partirá dende a Lonxa e fará unha parada no Porto Deportivo para recoller aos Magos.

Posteriormente realizarase o tradicional recorrido polas rúas de Sada, tratando de chegar a un maior número de localizacións e rematando cunha Festa de Reis no Pavillón do IES Isaac Díaz Pardo.

Máis info

Percorrido polas rúas de Sada

Volver atrás