ALA VOU AIRLINES...

AXENDA

ALA VOU AIRLINES

15/09/2018 - 15/09/2018

ALA VOU AIRLINES

Descrición do Evento

ALA VOU AIRLINES

15 Setembro 2018 - Porto de Sada

Organiza: Asociación Cultural Eres de Sada si...

Colabora: Concellería de Deportes - Concello de Sada 

ALA VOU AIRLINES é un concurso de voo sen motor no que a creatividade e o lúdico se anticipa ó competitivo.


 

PROGRAMACIÓN:

Comezará o sábado 15 de setembro cunha sesión vermouth itinerante e acústica a cargo do grupo madrileño Alpargata. Nos desprazaremos pola zona de hostelería portuaria en Karts a pedales. A sesión durará dúas horas (de 14:00 a 16:00).

Esta sesión será o inicio dun proxecto transversal que queremos levar a cabo que se chama “sesións D´coña”, unha programación de actuacións de diversas modalidades artísticas nas que o humor e a familia esté sempre como eixo central.

Ás 17:00. exibiranse os “aparellos voadores” inxeniados polos participantes na zona aledaña á nave de redes do Porto de Sada. Será o tempo tamén para analizar se son operativos para saltar sen ningún tipo de risco.

Ás 18:00. Comezarán os saltos, previo show, na plataforma.

Os premios se concederán án ao salto de máis lonxitude e aos aparellos máis creativostanto en categoría  individual como de grupo (de 2 a 4 participantes). Ademáis haberá regalos para todos os participantes.

A xornada rematará ás 22:00 cun concerto en El Canalla, no que volverá a actuar Alpargata, con entrada gratuita.

ESPECIFICACIÓNS:

Todo o relacionado co ALA VOU AIRLINES se organiza en colaboración coa concellería de Deportes de Sada  contrastando as medidas de seguridade, homologacións e normativa, co Voo sen motor da Festa da Dorna e o de Red Bull.

Crearase unha comisión de seguridade no que estarán presentes: Servizo de Salvamento, Servizo de Emerxencia, Equipo de buceadores, GEAS e Cofradía de Pescadores de Sada.

Na normativa do voo promocionarase a creación de elementos flotantes e/ou biodegradables, a compra de materiais en comercio local e a búsqueda dos necesarios sistemas que aseguren unha organización con CERO RESIDUOS NO MAR.

A competición está aberta  á participación de quen queira pasalo ben. O mail para anotarse no ALA VOU AIRLINES é eresdesada@gmail.com ou ben se pode chamar ao teléfono 664509512 ou nas redes sociais Facebook.com/Xogoscurruncheiros

NORMATIVA ALA VOU AIRLINES

1 - INXENIA UN APARELLO CO QUE TARDES MÁIS DO COMÚN EN CAER Ó AUGA.

2 - A SER POSIBLE, QUE TE DESPLACE O MÁIS ADIANTE POSIBLE, SE QUERES GAÑAR. NUNCA ATRÁS.

3 - VALÓRASE SHOW PRE-SALTO. NON MÁIS DUN MINUTO. DEIXAMOS MICROS.

4 - PODES ACOMPAÑARTE DE ATA 3 INCONSCIENTES MÁIS.

5 - ASEGÚRATE DE SAIR VIVO, OS SEGUROS TODAVÍA NON ASEGURAN A RESURRECCIÓN. NON TE ATES Ó APARELLO E LEVA ROUPA QUE NON CHE IMPIDA NADAR. DARÉMOSCHE UN CHALECO E CASCO POR SALTADOR.

6 - ADEMÁIS DO RECOÑECEMENTO SOCIAL, TERÁS UN PREMIO DOS BOS.

7 - DEIXA A MÍNIMA PEGADA POSIBLE NO MAR. UTILIZA MATERIAIS BIODEGRADABLES E FLOTANTES E ASEGÚRATE DE RETIRAR OS MÁIS POSIBLES. DE UTILIZAR OUTROS MATERIAIS OU TER UN APARELLO QUE SE AFONDA, LEVA UNHA BOLLA E 8 METROS DE CABO PARA PODER RESCATALO NÓS Ó FINAL DO EVENTO.

8 - SE INDA NON TE ARREPINTES E QUERES PARTICIPAR, AVÍSANOS ANTES DO DÍA 10 DE SETEMBRO A: ERESDESADA@GMAIL.COM VÉMONOS O DÍA 15 DE SETEMBRO ÁS 17 HORAS NO ALMACÉN DAS REDES NO PORTO DE SADA.

9- TES QUE SER MAIOR DE IDADE.

SUGERENCIAS A LOS PARTICIPANTES:

Sentidiño, porque toda seguridad que ofrezcamos sin sentidiño no vale de nada.

Ímonos a tomar a licenza de decidir “in situ” se un “aparello” pode ou non lanzarse se vemos que non medides e reducides o risco ao mínimo.

Preferimos que sexa un voo divertido e inofensivo a un voo espectacular na execución e nas consecuencias.

O noso desexo é estar o día 15 de Setembro ás 22:00 no Canalla pensando que nos volvemos a divertir xuntos e que o máis perigoso que ocorreu é que nos atragantamos da risa.

Así mesmo, nos parece unha forma de agradecer un asesoramento constante, o da Cofradía da Dorna, modelo a imitar e referencia. Este proxecto básase no seu asesoramento que se avala en 25 anos de actividade.

Porto de Sada

Volver atrás