Perfil do contratante...

AXENDA

Perfil do contratante


O Concello de Sada ditou a resolución para a aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas/excluídas no proceso selectivo de bibliotecario/a

O Concello de Sada ditou a resolución para a aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas/excluídas no proceso selectivo de bibliotecario/a

16/02/2018

A Alcaldía do Concello de Sada ditou hoxe a resolución que a continuación se transcribe literalmente: “Asunto: Aprobación listaxe definitiva de persoas admitidas/excluídas proceso selectivo bibliotecario/a (PS 38-17) Rematado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no proceso selectivo convocado para a provisión interina mediante o procedemento de oposición, en quenda libre, dunha praza integrada na escala de administración especial subescala técnica, clase técnicos medios, denominación: bibliotecario/a.

 Bases da convocatoria do proceso selectivo de formación dunha bolsa de emprego para posibles contratacións laborais temporais de operarios

Bases da convocatoria do proceso selectivo de formación dunha bolsa de emprego para posibles contratacións laborais temporais de operarios

09/02/2018

É obxecto destas Bases regular o proceso selectivo para a creación dunha Lista ou bolsa de emprego de candidatos para a contratación laboral temporal de operarios, para dar cobertura a situacións de acumulación de tarefas, realización de obras ou servizos determinados ou ben para a cobertura en réxime de interinidade de vacantes temporais de postos de operario pertencentes ao grupo V do Convenio Colectivo, no período de tres anos posterior á aprobación da Lista.